Demetrio Carceller
Nome orixinal | (es) Demetrio Carceller Segura |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 22 de decembro de 1894 Las Parras de Castellote, España |
Morte | 1 de maio de 1968 (73 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Mingorrubio - O Pardo |
Procurador en Cortes | |
6 de novembro de 1967 – 18 de xuño de 1968 Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967 Lexislatura: VIII lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964 Lexislatura: VII lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961 Lexislatura: VI lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
14 de maio de 1955 – 14 de abril de 1958 Lexislatura: V lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
14 de maio de 1952 – 13 de abril de 1955 Lexislatura: IV lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952 Lexislatura: III lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
12 de maio de 1946 – 6 de abril de 1949 Lexislatura: II lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
16 de marzo de 1943 – 24 de abril de 1946 Lexislatura: I lexislatura das Cortes franquistas | |
Minister of Industry, Commerce, and Tourism (en) | |
17 de outubro de 1940 – 18 de xullo de 1945 ← Luis Alarcón de la Lastra (en) – Juan Antonio Suances → | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, enxeñeiro industrial |
Partido político | Falange Española Tradicionalista y de las JONS |
Familia | |
Familia | Q66829425 |
Fillos | Demetrio Carceller Coll |
Premios | |
Demetrio Carceller Segura, nado en Las Parras de Castellote (Teruel) o 22 de decembro de 1894 e finado en Madrid o 1 de maio de 1968, foi un político español.
Traxectoria
En 1900 trasládase coa súa familia a Terrassa e estuda en Cataluña a carreira de enxeñería téxtil. En 1918 entra a traballar como químico na pequena empresa petrolífera Sabadell y Henry, con sede en Cornellà, e convértese nun especialista na industria petroleira de España naquela época. Cando a súa compañía pasou a formar parte do monopolio estatal Campsa, en 1927, Carceller converteuse en subdirector da compañía.
Tamén participou da fundación en 1933 da empresa petrolífera Disa (Distribución Industrial SA), con base nas Canarias, posto que o arquipélago non se integraba dentro do monopolio que si rexía na península. Posteriormente foi presidente do Banco Comercial Transatlántico, fundado en 1950 a partir do capital do Banco Alemán Transatlántico.
Politicamente, foi membro da Falange. O golpe de estado de Franco cólleo en zona republicana, pero consegue participar na comisión de Industria e Comercio da Xunta de Defensa de Burgos. O 17 de outubro de 1940 substitúe na carteira do Industria e de Comercio a Luis Alarcón de la Lastra, e seguirá neste posto ata 1945.
Predecesor: Luis de Alarcón |
Ministro de Industria e Comercio 1940 - 1945 |
Sucesor: Juan Antonio Suances |