Demetrio I Cantacuzeno

Modelo:BiografíaDemetrio I Cantacuzeno

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1343 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte1383 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (39/40 anos)
Déspota de Morea
1383 – 1383
← Mateo CantacuzenoTeodoro I Paleólogo → Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaFamília Cantacuzeno (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
FillosTomás Cantacuzeno, Jorge Paleólogo Cantacuzeno, Andrônico Paleólogo Cantacuzeno, Helena Cantacuzena, emperatriz de Trebisonda Editar o valor en Wikidata
PaisMateo Cantacuzeno Editar o valor en Wikidata  e Irene Paleóloga Editar o valor en Wikidata
IrmánsHelena Asanina Cantacuzena
João Cantacuzeno
Теодора Кантакузина
Мария Кантакузина Editar o valor en Wikidata

Demetrio I Cantacuzeno (en grego Δημήτριος Καντακουζηνός Demetrios Cantacuzenós) foi déspota da Morea en 1383 e neto do emperador Xoán VI Cantacuzeno (r. 1347–1354).

Traxectoria

Demetrio era fillo de Mateu Cantacuzeno, o gobernador de Morea, e Irene Paleoloxina. A Demetrio foille dado do título de sebastocrátor polo emperador Xoán V Paleólogo en decembro de 1357 e foi para o Peloponeso con seu pai e avó en 1361.[1].

Un dos dous fillos de Mateu Cantacuzeno disputou a sucesión do Despotado de Morea con Teodoro I Paleólogo, o fillo de Xoán V, entre 1380 e 1384. A única información sobre o evento é unha referencia críptica na Oración Fúnebre do emperador Manuel II Paleólogo para seu irmán Teodoro, que observa a insubordinación do "fillo" de Mateu Cantacuzeno, que usurpara o goberno na morte de Manuel Cantacuzeno en 1380. A visión tradicional é que este fillo foi Xoán, non Demetrio; con todo Dionysios Zakythinos, un historiador do Despotado do Peloponeso, inclinouse a pensar que o fillo foi Demetrio[1]. De acordo co bizantinista Donald Nicol, "este problema pode dificilmente ser satisfactoriamente resolto con base na evidencia documental dispoñíbel"[2].

Fillos

O número exacto dos seus fillos e descendentes é incerto. Unha lista posíbel é[3]:

  • Xurxo Paleólogo Cantacuzeno, coñecido polos turcos como "Sachatai" (m. c. 1456-59), académico e comandante militar, defendeu Semendria durante un ataque do Reino de Hungría en 1456.
  • Andrónico Paleólogo Cantacuzeno (m. 3/4 de xuño de 1453, executado), o último gran doméstico do Imperio Bizantino.
  • Tomé Cantacuzeno (m. 25 de xullo de 1463 en Adrianópole), diplomático ao servizo de Đurađ Branković, déspota da Serbia.
  • Irene Cantacuzena (m. en maio de 1457), esposa do déspota serbio Đurađ Branković.
  • Helena Cantacuzena (m. c. 1 de novembro de 1463 en Adrianópole, emperatriz de Trebisonda, esposa de David de Trebisonda.
  • Unha filla que casou co rei da Xeorxia Xurxo VIII.

Notas

  1. 1,0 1,1 Donald M. Nicol, The Byzantine Family of Kantakouzenos (Cantacuzenus) ca. 1100-1460: a Genealogical and Prosopographical Study (Washington, DC: Dumbarton Oaks, 1968), p. 158
  2. Nicol, Byzantine Family, p. 159
  3. A partir da lista recompilada en Nicol, Byzantine Family, p. 176

Véxase tamén

Bibliografía