Der Erlkönig
Der Erlkönig (en galego, Rei dos Elfos ou Elfo-Rei) é unha balada escrita por Johann Wolfgang von Goethe o ano 1782. Considérase un dos seus traballos máis coñecidos e musicárono compositores como Franz Schubert, Carl Loewe e Ludwig van Beethoven (que non chegou a rematala pois faleceu).
Orixe
O material da balada vén do dinamarqués, onde o Erlkönig é chamado de Ellenkonge (forma próxima a Elvenkonge, ou, Rei dos Elfos). Parte do poema foi traducida erroneamente por Johann Gottfried von Herder, que traduciu a palabra Eller como "Erle" (Álamo).[1][2] Entón, o nome da balada sería, en galego, Rei dos Elfos (preservando o sentido orixinal) ou Rei dos Álamos (traducindo a palabra Erle literalmente).
A inspiración para a balada vén do período en que Goethe estivera na cidade de Jena,[3] onde recibiu a noticia dun construtor da vila de Kunitz que galopaba con seu meniño enfermo na procura dun médico da universidade. En lembranza a iso, creouse, aínda no século XIX, un memorial a Erlkönig exactamente no camiño entre a vila de Kunitz (actualmente un barrio) e Jena.
Contextualización
Mentres as baladas do movemento Sturm und Drang (Tempestade e Ímpeto) abordan, maioritariamente, temas como o amor, Goethe desenvolveu, por primeira vez, unha balada que trae un tema máxico e da natureza. Ademais, a diferenza do século XVIII, a natureza non é abordada polo seu aspecto estético ou relixioso, mais si polo seu lado descoñecido, esconxurador, fantástico e mortal. É a primeira vez que se fala sobre o descoñecido e os sentimentos máis profundos da alma, e, en oposición ó tempo da Ilustración, mentres o meniño inocente consegue percibir as forzas máxicas da natureza e desespérase, o pai, que é a figura esclarecida, non as percibe. Esa temática foi posteriormente desenvolvida no Romanticismo por autores como Novalis.
Resumo
Nunha noite con bastante vento, un pai galopa con seu fillo nos brazos por unha foresta escura. O meniño afirma recoñecer a forma do Erlkönig pola foresta e asústase. O pai calma o meniño afirmando que iso é soamente a mera. Entre tanto, a figura non deixa o neno en paz e tenta convencelo para atraelo ao seu reino, ofrecendo vestidos dourados e a compañía de súas fillas, pero o meniño fica cada vez máis inquedo e o pai tenta encontrar unha explicación lóxica para as cousas que o fillo está vendo, tales como: o vento soprando polas follas ou os pastos brillando. A figura do Erlkönig tamén fica cada vez máis ameazadora e o fillo está cada vez máis asustado. Cando o Erlkönig finalmente ataca o fillo con violencia, o pai desespérase e galopa o máis rápido posible para chegar á corte. Pero xa era moi tarde, pois nos seus brazos o meniño xa estaba morto.
Texto
Texto orixinal |
---|
Wer reitet so spät durch Nacht und Wind? |
Notas
- ↑ "DWDS – Digitales Wörterbuch der deutschen Sprache". DWDS (en alemán). Consultado o 2019-06-04.
- ↑ Zeno. "Literatur im Volltext: Johann Gottfried Herder: Stimmen der Völker in Liedern. Stuttgart 1975, S. ...". www.zeno.org (en alemán). Consultado o 2019-06-03.
- ↑ "Schrieb Goethe in der "Tanne" in Jena den Erlkönig?". OTZ (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2015. Consultado o 2019-06-04.