Desmond Tutu

Desmond Tutu
Tutu no 2013.
Arcebispo da Igrexa Anglicana de Suráfrica
Biografía
Nacemento7 de outubro de 1931 (92 anos) en Klerksdorp, Transvaal, Suráfrica
Alma máterKing's College de Londres
Ordes
Ordenación sacerdotal1960
Consagración episcopal1976
Arcebispo de Cidade do Cabo
7 de setembro de 1986 - 1996
PredecesorP.W.R. Russell
SucesorNjongonkulu Ndungane

Desmond Mpilo Tutu, nado en Klerksdorp (Transvaal) o 7 de outubro de 1931 e finado na Cidade do Cabo o 26 de decembro de 2021, foi un pastor anglicano, teólogo e pacifista surafricano, que adquiriu fama internacional durante a década de 1980 a causa da súa oposición ao Apartheid.

Traxectoria

O arcebispo Desmond Tutu.

Tutu foi o primeiro surafricano negro en ser elixido e ordenado como arcebispo anglicano de Cidade do Cabo (Suráfrica), e despois Primado da entón Igrexa da Provincia de África Meridional (actualmente Igrexa anglicana de África do Sur). Foi recoñecido co Premio Nobel da Paz en 1984.

Outórgaselle a autoría do cualificativo de Nación do Arco da Vella, para describir metaforicamente á Suráfrica posterior ao apartheid (en 1994 co triunfo do ANC). A expresión incorporouse desde entón para describir a diversidade étnica de Suráfrica.

Recoñecementos

Ten sido nomeado Doutor honoris causa por varias universidades como a de Portland ou no ano 2000 pola Pompeu Fabra de Barcelona.[1]

Notas

  1. "Reverend Arquebisbe Desmond Tutu, Doctor honoris causa de la UPF". upf.edu (en catalán). 16 de febreiro de 2000. Consultado o 4 de novembro de 2023. 

Véxase tamén

Ligazóns externas