Diada de Cataluña
Diada de Cataluña | |
---|---|
![]() | |
Tipo | día nacional e día festivo oficial ![]() |
Conmemora | Asedio de Barcelona (1713-1714) ![]() |
Coordenadas | 41°50′15″N 1°32′16″L / 41.8375, 1.5378 |
Localización | Cataluña ![]() |
País | España ![]() |
Día periódico | 11 de setembro ![]() |
[ Wikidata ] |
A Diada Nacional de Cataluña ou Diada do Once de Setembro (en catalán: Diada de l'Onze de Setembre) é a festa nacional de Cataluña, que ten lugar cada 11 de setembro.
Historia
Este día conmemórase a caída de Barcelona despois de meses de asedio en 1714 perante o duque de Berwick durante a Guerra de Sucesión na que os Borbón, co seu candidato, o futuro Filipe V, e a casa dos Austrias, co arquiduque Carlos, loitaban para se faceren coa coroa de España.
Coa vitoria da dinastía dos Borbón, implántase un sistema político uniforme, derrogándose os privilexios nobiliarios e os sistemas legais provenientes dos diferentes reinos medievais que formaban a España da época. Por iso, o 11 de setembro tamén se lembra a conseguinte abolición das institucións catalás rexidas pola dinastía dos Austrias.
Institucionalización
O Parlamento de Cataluña, no ano 1980, declarou institucionalmente o 11 de setembro como festa nacional de Cataluña. Así fica recollido no artigo 8.1 do Estatuto de Autonomía de 2006, onde se declara:
Cataluña, definida como nacionalidade no artigo 1, ten como símbolos nacionais a bandeira, a festa e o himno.
e no artigo 8.3, que establece:
A festa de Cataluña é a Festividade do Once de Setembro.