Diego Rivas Rego
(2022) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 27 de maio de 1987 (37 anos) Narón, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Diego Rivas Rego, nado o 27 de maio de 1987 en Narón, é un exfutbolista galego. Tras retirarse en 2023, pasou a ser adestrador de porteiros.
Traxectoria
Racing de Ferrol
Naceu en Narón e formouse nas categorías inferiores do Racing de Ferrol, chegando na tempada 2005/06 a ser convocado co primeiro equipo deste, que militaba en Segunda División. Na tempada seguinte foi o porteiro titular do Galicia de Mugardos, filial do Racing por aquel entón.
Narón e Fabril (2007-2011)
No verán de 2007 deixou o equipo verde e fichou polo Narón Balompé, de Terceira División. Xogou no club da súa vila durante dúas tempadas ata que foi fichado polo Fabril en xullo de 2009.[1] O 23 de maio de 2010 Diego Rivas xogou un papel crucial para acadar o ascenso a Segunda División B, detendo dous lanzamentos contra o Burgos CF na quenda de penaltis, no partido de volta da eliminatoria de ascenso.[2] Ao remate da tempada 2010/11 anunciouse que non continuaría no Fabril.[3]
CD Lugo (2011-2012)
En xullo de 2011 asinou co CD Lugo, equipo co que participou do histórico ascenso á Segunda División na tempada 2011/12 sendo unha peza clave do equipo e destacando especialmente na eliminatoria da fase de ascenso contra o Atlético Baleares.[4][5] Tras o ascenso fichou polo Elche por tres tempadas.[6]
Elche (2012-2014)
Na súa primeira campaña co club ilicitano conseguiu o ascenso á Primeira División, pero disputando moi poucos minutos, sendo Manu Herrera o porteiro titular. Na seguinte tempada (2013/14) foi cedido a dous equipos de Segunda, en busca de minutos, a SD Eibar e o CD Tenerife, pero a historia repetiuse e en ambos clubs actuou como porteiro suplente.[7][8] No verán de 2014 rescindiu o contrato co Elche, ao non entrar nos plans do técnico Fran Escribá.[9]
En agosto fichou polo Albacete de Luis César Sampedro, tamén en Segunda.[10] Tampouco no equipo manchego puido xogar moitos partidos, tendo por diante a Fran Dorronsoro e o compostelán Alberto Domínguez.
Guijuelo (2015-2016)
En agosto de 2015 fichou polo CD Guijuelo, de Segunda B,[11] onde non chegou a debutar por mor do grande estado de forma do porteiro Kike Royo.[12]
Auckland City (2016)
En xaneiro de 2016 deixou o Guijuelo e fixo a maleta cara a Nova Zelandia, fichando polo Auckland City, adestrado polo barcelonés Ramón Tribulietx.[13][14] No equipo neozelandés foi titular, acabando a liga regular na primeira posición, pero perdendo na final dos playoffs contra o Team Wellington. O equipo chegou ademais á final da Liga de Campións da OFC, onde se enfrontou de novo ao Team Wellington, derrotándoo esta vez por 3-0, con Diego Rivas como porteiro titular.[15][16]
UCAM Murcia (2016-2017)
En xuño de 2016 regresou a España, fichando polo UCAM Murcia.[17] Disputou 26 partidos co club murciano na Segunda División B, encaixando 23 goles.
Lleida Esportiu (2017-2018)
En xullo de 2017 fichou polo Lleida Esportiu.[18] Xogou 38 partidos co equipo catalán, encaixando 35 goles.
Racing de Ferrol (2018-2023)
En agosto de 2018, máis dunha década despois da súa saída, volveu ao Racing de Ferrol, club no que se formou.[19] Gañou a titularidade dende o primeiro momento e foi un dos piares no ascenso do equipo á Segunda División B na tempada 2018/19, así como nas seguintes tempadas.[20] Deixou o fútbol no verán de 2023.
Adestrador de porteiros
Na tempada 2023-24 fichou como adestrador de porteiros polo CD Arenteiro.
Palmarés
Elche CF
- Segunda División (1): 2012/13
Auclkand City FC
- Liga de Campións da OFC (1): 2016
Notas
- ↑ "El Fabril ficha a Diego Rivas, un joven guardameta procedente del Narón". Deportivo da Coruña (en castelán). 10 de xullo de 2009. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "Diego Rivas "Cuando paré el segundo penalti pensé: no se nos va a escapar"". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 2020-02-07.
- ↑ ""Añón, Dani, Diego Rivas, Dinis y Büchel no siguen"". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2014. Consultado o 28 de xuño de 2011.
- ↑ Armero, Andrés (10 de xuño de 2012). "El Atlético Baleares se estrella contra la muralla de Lugo". Marca (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ Armero, Andrés (11 de xuño de 2012). "Diego Rivas, héroe en observación". Marca (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "Diego Rivas ficha por el Elche". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xullo de 2012. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "El Elche cede a Diego Rivas y acelera por Rubén Rochina" (en castelán). 2 de agosto de 2013. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "Diego Rivas, nuevo portero del CD Tenerife" (en castelán). 25 de xaneiro de 2014. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "El meta Diego Rivas rescinde el contrato" (en castelán). 25 de agosto de 2014. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "El Albacete Balompié se refuerza con los fichajes de Diego Rivas y Keko" (en castelán). 28 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2020. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "Diego Rivas reforzará la portería del Guijuelo esta temporada" (en castelán). 28 de agosto de 2015. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "El portero del Guijuelo, Diego Rivas, el elegido por el UCAM Murcia para suplir a Escalona" (en castelán). 8 de xaneiro de 2016. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ Alonso Lois, Paulo (6 de xuño de 2016). "Diego Rivas: «Me enamoré de Nueva Zelanda»". La Voz de Galicia. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "Diego Rivas, ex portero del Alba, se marcha a Nueva Zelanda" (en castelán). 15 de xaneiro de 2016. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "Six in a row for Auckland City" (en inglés). 23 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 3 de xullo de 2016. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "Auckland City - Team Wellington (Final da Liga de Campións da OFC 2016)" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de abril de 2016. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "Diego Rivas, nuevo portero del Real Murcia" (en castelán). 24 de xuño de 2016. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "El portero naronés Diego Rivas se incorpora al Lleida Esportiu". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de xullo de 2017. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "El regreso de Diego Rivas" (en castelán). 1 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2020. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "La solidez del Racing atrás tiene un nombre: Diego Rivas". Diario de Ferrol (en castelán). 27 de outubro de 2020. Consultado o 27 de novembro de 2020.