Dinastía Comneno Ducas

A Dinastía Comneno Ducas (en grego: Κομνηνός Δούκας, Komnēnós Dúkas) foi unha rama da dinastía imperial bizantina dos Anxos, que gobernou sobre Epiro, Tesalia e Tesalónica entre 1205 e 1318.

Membros

  • Miguel I Comneno Ducas, déspota de Epiro (1205-1215). Fillo de Xoán Ducas.
  • Constantino Comneno Ducas (?-despois 1242), déspota. Fillo de Xoán Ducas.
  • Teodoro Comneno Ducas, déspota de Epiro (1215-1230), emperador de Tesalónica (1227-1230). Fillo de Xoán Ducas.
  • María Petralifina. Esposa de Teodoro.
  • Manuel Comneno Ducas, emperador de Tesalónica (1230-1237). Fillo de Xoán Ducas.
  • María Asenina Comnena. Esposa de Manuel Comneno Ducas.
Constantino Comneno Ducas. Fillo de Miguel I.
Teodora Comnena Ducaina. Filla de Miguel I.
María Comnena Ducaina. Filla de Miguel I.
Miguel II Comneno Ducas, déspota de Epiro (1230-1266/68). Fillo de Miguel I.
Xoán Comneno Ducas, déspota de Tesalónica (1237-1244). Fillo de Teodoro Comneno Ducas.
Demetrio Comneno Ducas, déspota de Tesalónica (1244-1246). Fillo de Teodoro Comneno Ducas.
Irene Comnena Ducaina. Filla de Teodoro Comneno Ducas.
Ana Ducaina Anxelina (?-1286). Filla de Teodoro Comneno Ducas.
Nicéforo I Comneno Ducas, déspota de Epiro (1268-1297). Fillo de Miguel II.
Ana Paleóloga Cantacucena (?-despois 1313). Esposa de Nicéforo I.
Xoán Comneno Ducas. Fillo de Miguel II.
Demetrio. Fillo de Miguel II.
Helena Anxelina Ducaina (1242-1271). Filla de Miguel II.
Ana Comnena Ducaina (?-1286). Filla de Miguel II.
Xoán I Ducas de Tesalia, sebastocrátor de Tesalia (1268-1289). Fillo de Miguel II.
María. Filla de Nicéforo I.
Tamar Anxelina Comnena. Filla de Nicéforo I.
Tomé I Comneno Ducas, déspota de Epiro (1297-1318). Fillo de Nicéforo I.
Constantino Ducas de Tesalia, sebastocrátor de Tesalia (1289-1303). Fillo de Xoán I Ducas.
Xoán II Ducas de Tesalia, gobernante de Tesalia (1303-1318). Fillo de Constantino Ducas

Véxase tamén

Bibliografía

  • The Oxford Dictionary of Byzantium, Oxford University Press, 1991.
  • John V.A. Fine Jr., The Late Medieval Balkans, Ann Arbor, 1987.
  • Nicholas Cheetham, Mediaeval Greece, Yale University Press, 1981.
  • D.I. Polemis, The Doukai, Londres, 1968.