Dinomys branickii

Dinomys branickii
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Suborde: Hystricomorpha
Infraorde: Hystricognathi
Familia: Dinomyidae
Xénero: Dinomys
Peters, 1873
Especie: D. branickii
Peters, 1873

Dinomys branickii é unha especie de roedor histricomorfo da familia Dinomyidae, orixinaria de Suramérica. O seu aspecto lembra ó de Cuniculus paca, aínda que máis robusto, coa cabeza máis grande e un rabo máis longo. É o único membro vivo da familia Dinomyidae.

Características

Rolda entre os 10 e os 18 kg, e mide 73 a 90 cm de lonxitude, sen a cola, a cal mide entre 15 e 20 cm. O pelo é de cor castaña escura a negra e canosa, con dúas bandas de manchas brancas que cruzan as costas lonxitudinalmente. As patas son anchas e en cada unha teñen catro dedos con unllas longas e fortes. As orellas son curtas e redondeadas; o beizo superior presenta unha incisión e as vibrisas son longas.

Distribución

Atópase en bosques tropicais de América do Sur nos países de Colombia, o Perú, Ecuador, Bolivia, o oeste do Brasil e nos contrafortes dos Andes de Venezuela. Tamén se atopa en vales boscosos e ladeiras de montañas a altitudes de 250 - 3200 msnm.

Notas

  1. Tirira, D., Vargas, J. & Dunnum, J. (2008). "{taxon}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 7 de maio de 2016. 

Véxase tamén

Bibliografía