Distrito Yumbe
Epónimo | Yumbe (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Uganda | ||||
Rexión | Região Norte (pt) ![]() ![]() | ||||
Capital | Yumbe (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Lingua usada | Língua lugbara (pt) ![]() Lingua alur Língua aringa (pt) ![]() Língua ma'di (pt) ![]() Língua nubi (pt) ![]() Kakwa (en) ![]() Southern Ma'di (en) ![]() Língua bari (pt) ![]() ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.393 km² ![]() | ||||
ISO 3166-2 | UG-313 ![]() | ||||
Yumbe District é un distrito da Rexión Norte de Uganda. Como a maioría dos distritos, o seu nome provén do seu centro administrativo, Yumbe.
O distrito de Yumbe é un dos ditritos máis setentrionais de Uganda. Limita co Sudán do Sur polo norte, Distrito Moyo polo leste, Distrito Adjumani polo sueste, Distrito Arua polo sur, Distrito Maracha polo suroeste e Distrito Koboko polo oeste.[1] Yumbe atópase aproximadamente a 75 km ao norte de Arua, a principal poboación da subrexión.[2]
O distrito estableceuse en 2006, cando o condado Aringa foi separado do Distrito Arua e cambióuselle o nome para Yumbe District.A súa poboación está aínda sufrindo os efectos da guerra civil, que durou vinte anos (1980–2000). O acordo de paz entre UNRF2 e o Goberno de Uganda foi asinado no 2000 en Yumbe.
A maioría (89%) da poboación do distrito pertence á etnia lugbara. Os lugbara no Distrito Yumbe falan un dialecto chamado aringa, que non ten forma escrita; só é oral. Tamén se poden atopar outras etnias, como os kakwa, os madi e os alur. Os acholi atópanse dispersos polo Río Nilo e dedícanse principalmente á casa e a pesca, polo río. Representa aproximadamente o 2% da poboación do distrito.
As linguas máis faladas son o aringa lugbara (maioría), o kakwa, o kuku, o madi e o alur. Con todo, a segunda lingua máis falada e o suahili. Nas áreas urbanas, pódense encontrar individuos que entendan árabe ou inglés.[3]
A poboación no distrito é maioritariamente musulmá (76%),[4] que é unha excepción en Uganda (o 80% dos ugandeses son cristiáns). A taxa de fertilidade no distrito é alta (7.5).[5] O censo do ano 2002 tiña unha estimación da poboación de 253.300 habitantes. Calculouse un índice de crecemento do 7.9%,[6] polo que a súa poboación estimada no 2010 era de aproximadamente 300.200 habitantes.
A agricultura de subsistencia é a principal actividade económica no distrito, como en moitos outros distritos.[7]
Notas
- ↑ Mapa dos Distritos de Uganda
- ↑ Map Showing Arua And Yumbe With Distance Marker
- ↑ Overview of Yumbe District[Ligazón morta]
- ↑ "Religion by District for the Population" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 26 de outubro de 2013.
- ↑ "Population Dynamics" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de abril de 2014. Consultado o 26 de outubro de 2013.
- ↑ "Yumbe District Annual Population Growth Rate" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de outubro de 2013. Consultado o 26 de outubro de 2013.
- ↑ "About the Economy of Yumbe District". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2020. Consultado o 26 de outubro de 2013.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial Arquivado 29 de outubro de 2018 en Wayback Machine.
- Yumbe District at Ugandatravelguide.com Arquivado 05 de xullo de 2020 en Wayback Machine.