División de Honra de Rugby 2012-2013
Tipo | División de Honra de Rugby |
---|---|
Deporte | rugby a 15 |
Organizador | Federación Española de Rugby |
Número de participantes | 12 |
Localización e Datas | |
País | España |
Período de tempo | tempada 2012-2013 |
Competición | |
Primeiro posto | Valladolid Rugby Asociación Club |
Datos estatísticos | |
Partidos | 137 |
A tempada 2012-2013 da División de Honra da liga española de rugby, chamada comercialmente Liga Renfe, foi a 46ª edición da principal competición entre clubs de rugby en España. A liga regular comezou oficialmente o 16 de setembro de 2012, e rematou o 28 de abril de 2013 despois de 22 xornadas, para darlle paso á fase de eliminatorias polo título, cuxa final tivo lugar o 13 de maio de 2013.
Formato
O torneo estivo composto por unha fase de liga regular e unha fase final. A liga regular constou de 22 xornadas. Na primeira volta cada equipo enfrontouse cos restantes 11, e na segunda volta repetiu os enfrontamente, recibindo como local ós equipos que visitou na primeira volta, e visitando ós equipos que recibiu como local na primeira volta. Ó remate da liga regular, os 6 primeiros equipos da táboa clasificatoria disputaron a fase final. A fase final constou de 5 encontros, 2 de cuartos de final, 2 de semifinais, e 1 da final. Nos cuartos de final enfrontáronse entre si os equipos clasificados entre a 3ª e a 6ª posición da táboa, mentres que os 2 primeiros equipos da táboa agardaban en semifinais polos seus rivais. A final dispútouse no estadio do equipo finalista mellor clasificado na liga regular.
O descenso de categoría foille imposto ó último equipo da táboa, mentres que o penúltimo equipo tivo a oportunidade de disputar unha eliminatoria fronte ó segundo clasificado da División de Honra B para acadar a permanencia.
Equipos
Despois de 13 anos cunha liga de 10 equipos, a edición 2012-2013 volveu novamente a contar cun formato de 12 participantes. O vixente campión, VRAC, foi o encargado de defender o título acadado na anterior tempada. Non obstante, o equipo castelán non aceptou ser o representante español convidado na segunda competición europea, a European Challenge Cup, e foi o Gernika RT o único club que aceptou esa honra, de xeito que o conxunto vasco tivo que compaxinar nesa tempada as competicións domésticas de liga e copa coa competición continental. De seguido amósanse uns datos básicos sobre cada un dos 9 equipos que xa competiron na División de Honra na anterior tempada (entre parénteses, a posición acadada):
Os 3 equipos acabados de ascender eran o CRC Madrid (denominado dende esa tempada "Rugby Atlético de Madrid" tras acadar un acordo co club roxibranco), o CR Cisneros e o Hernani CRE. Estes 3 equipos viñan a cubrir a ausencia do descendido Club Alcobendas Rugby e a encher a 2 prazas novas coas que contaba nesa tempada a División de Honra. De seguido amósanse uns datos básicos sobre os 3 equipos ascendidos o ano anterior:
Liga Regular
A liga regular comezou oficialmente o 16 de setembro de 2012, e rematou o 28 de abril de 2013 despois da disputa de 22 xornadas. Para entón xa se sabía calen eran os 6 primeiros equipos da táboa, que disputaron a fase final de eliminatorias polo título de liga. A seguinte táboa amosa a clasificación final da liga regular:
| |||||||||||||||
Posto | Equipo | Puntos | Xogados | Gañ. | Emp. | Per. | BO | BD | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º | VRAC Quesos Entrepinares | 85 | 22 | 17 | 0 | 5 | 14 | 3 | |||||||
2º | Santboiana SEAT | 81 | 22 | 16 | 2 | 4 | 11 | 2 | |||||||
3º | Bizkaia Gernika | 75 | 22 | 15 | 0 | 7 | 13 | 2 | |||||||
4º | Cetransa El Salvador | 68 | 22 | 13 | 1 | 8 | 9 | 5 | |||||||
5º | Ampo Ordizia | 65 | 22 | 12 | 2 | 8 | 10 | 3 | |||||||
6º | Atlético de Madrid | 60 | 22 | 12 | 2 | 8 | 6 | 2 | |||||||
7º | Complutense Cisneros | 50 | 22 | 9 | 0 | 13 | 9 | 5 | |||||||
8º | Getxo Artea | 50 | 22 | 9 | 0 | 13 | 9 | 5 | |||||||
9º | Ciencias Fundación Cajasol | 50 | 22 | 8 | 0 | 14 | 11 | 7 | |||||||
10º | Blu:Sens Universidade de Vigo | 44 | 22 | 8 | 1 | 13 | 6 | 4 | |||||||
11º | Hernani CRE | 32 | 22 | 6 | 0 | 16 | 5 | 3 | |||||||
12º | CR La Vila | 17 | 22 | 3 | 0 | 19 | 3 | 2 | |||||||
Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 4 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates.
<<<< 2011/12 — Tempadas — 2013/14 >>>> En azul as posicións que clasifican para semifinais (1º e 2º). |
Fase final
Foi a segunda tempada consecutiva na que o título de campión se decidiu nunha fase final de eliminatorias entre os 6 primeiros equipos da táboa clasificatoria. A final tivo lugar o 13 de maio de 2013 no campo do equipo VRAC por ser o finalista mellor situado ó remate da liga regular.
Cuartos de Final | Semifinais | Final | ||||||||
1º. VRAC Quesos Entrepinares | 22 | |||||||||
4º. Cetransa El Salvador | 34 | |||||||||
4º. Cetransa El Salvador | 18 | |||||||||
5º. AMPO Ordizia | 26 | |||||||||
1º. VRAC Quesos Entrepinares | 27 | |||||||||
2º. Santboiana SEAT | 25 | |||||||||
3º. Bizkaia Gernika | 15 | |||||||||
6º. Rugby Atlético de Madrid | 17 | |||||||||
6º. Rugby Atlético de Madrid | 29 | |||||||||
2º. Santboiana SEAT | 28 | |||||||||