Dominique Strauss-Kahn
Dominique Strauss-Kahn, nado en Neuilly-sur-Seine o 25 de abril de 1949, é un político francés, membro do Partido Socialista Francés. Defínese como socialdemócrata. En novembro de 2007 foi nomeado o presidente do FMI.
Traxectoria
Foi profesor de Economía na Universidade de Nancy (1977-1980), ministro do Comercio Exterior desde maio de 1991 até marzo de 1993, ministro de Economía desde xuño de 1997 até novembro de 1999. É tamén deputado do Val-d'Oise e suplente do alcalde de Sarcelles.
Arresto en Nova York
O 14 de maio de 2011 foi detido no aeroporto JFK de Nova York, acusado dos cargos de agresión sexual a unha traballadora do Sofitel New York Hotel de Manhattan.[1][2] Estivo retido na comisaría do Departamento de Policía de Nova York no Harlem, onde foi acusado de «asalto sexual, intento de violación e rapto». Os seus avogados, Benjamin Brafman e William Taylor anunciaron que «se declarara non culpábel», posto que din ter unha coartada sólida, na que Strauss-Kahn se atopaba xantando coa súa filla no momento do presunto ataque.[3]
Segundo as fontes policiais, a denunciante, unha empregada doméstica do hotel onde se aloxou, foi asaltada polo director do FMI ao saír espido da ducha. Despois, «abandonou voando o Hotel Sofitel onde se atopaba, deixando tras súa un teléfono móbil ademais dos seus efectos persoais».[4]
O 16 de maio Strauss-Kahn compareceu ante a maxistrada do caso, negándolle esta a solicitude de liberdade baixo fianza de dous millóns de dólares que presentaron os seus avogados defensores, ordenando ademais que fose enviado á célebre prisión neoiorquina da illa Riker polo menos ata a próxima audiencia fixada para o 20 de maio. Na audiencia a fiscalía alegou que a presunta agresión sexual acontecera unha hora antes do dito ao principio, botando por terra a coartada de Strauss-Kahn.[5]
Predecesor: Rodrigo Rato |
Director xeral do FMI 2007 - 2011 |
Sucesor: Christine Lagarde |
Notas
- ↑ "IMF boss Strauss-Kahn pulled off plane, arrested in sodomy probe" (en inglés). New York: New York Post. Consultado o 14 de maio de 2011.
- ↑ "Detenido en Nueva York el director gerente del FMI acusado de delito sexual" (en español). Madrid: La Vanguardia. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2011. Consultado o 15 de maio de 2011.
- ↑ Los abogados de Strauss-Kahn dicen contar con una sólida coartada
- ↑ Relato de una detención: 13.00 horas, hotel Sofitel, habitación 2806
- ↑ Strauss-Strauss-Kahn será trasladado a la cárcel de la isla de Riker, en El Mundo de España.