Doom metal
Doom metal | |
---|---|
Orixe musical | heavy metal |
Orixe cultural | principios-mediados dos 80 en Inglaterra e Estados Unidos |
O Doom Metal é un xénero musical que deriva do denominado "metal" e que se caracteriza por unha temática escura e depresiva nas letras, uns acordes moi pesados nas guitarras (con abundancia de acordes por terceiras), unhas baterías contundentes, unhas estruturas melódicas moi importantes para o tema (antes facíanse coa guitarra e máis tarde fóronse introducindo violíns, teclados, sintetizadores etc), e por unha voz xeralmente grave e penetrante.
Ó Doom metal fóronselle engadindo "toques" doutros estilos musicais como o Death Metal, o Black Metal, o Funeral etc. e de aí xorden as distintas variantes crossover como son o Black Doom, o Death Doom e moitas outras.
A maioría dos críticos musicais especializados no tema da música metal, opinan que o Doom naceu co grupo Black Sabbath (o seu cantante é o coñecido Ozzy Osbourne), e máis adiante ampliaron o xénero agrupacións como Candelmass, My Dying Bride etc.
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |