Dover
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Inglaterra | |||
Rexións | Sudeste de Inglaterra - South East England | |||
Condado cerimonial | Kent | |||
Condado não-metropolitano (pt) | Kent (en) | |||
Distrito não-metropolitano (pt) | Dover (en) | |||
Parroquia civil en Inglaterra | Dover (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 31.022 (2011) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 12 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | CT16 e CT17 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 01304 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | dover.gov.uk | |||
Dover é unha cidade portuaria importante da Canle da Mancha no condado británico de Kent. A poboación é de 34.200 (en 1991).
Este é o punto de Gran Bretaña máis próximo a Francia e da Europa continental, estando a 34 Km do porto de Calais. Ten sona polas súas fachadas brancas feitas de xiz. As fachadas daranlle a Inglaterra o sobrenome de Albion, que quere dicir "branco".
Debido á súa proximidade coa Europa continental, o porto é un dos mellor fornecidos do Reino Unido. Máis de 2 millóns e medio de persoas [1] empregan o servizo de transbordadores cada ano, xestionado por diferentes navieiras.
Topónimo
O topónimo actual inglés de Dover ten a súa orixe na voz latina Portus Dubris, de orixe disputada, probablemente britónica. O topónimo evolucionou, pasando por formas como Doverre, até o Dover actual, en uso canto menos dende comezos do século XVII.[Cómpre referencia] Da mesma orixe é o topónimo galego Dubra, que viría do plural dubra do céltico dubron (auga), ou dunha forma feminina dubra, que significaría o mesmo. Terían tamén mesma etimoloxía o río Dobra en Asturias e outros topónimos franceses (Douvres, río Douvre), ingleses, irlandeses e escoceses (Dobhar), alemáns (Tauber, antes Dubra) ou neerlandeses (Doveren)[2].
En canto á toponimia, comparte etimoloxía tamén con Dubra, en topónimos como Val do Dubra. En efecto, durante a Idade Media, en galego-portugués a localidade recibiu o nome de Dovra ou Doura.
Xeografía
Historia
Dover foi un porto importante dende hai séculos. Os romanos foron os primeiros en deixarnos noticia da existencia da cidade, que eles denominaron Dubris. E a cidade era o punto de partida da Watling Street. Pénsase que a zona xa estaba habitada antes do período romano.
Os romanos construíron un faro no lugar onde agora se atopa o Castelo de Dover alá polo ano 50, sendo así un dos edificios máis antigos de Gran Bretaña.
O 26 de maio de 1670 Carlos II de Inglaterra e Lois XIV de Francia asinaron un tratado secreto que fixo cesar as hostilidades entre os seus dous reinos.
Economía
Notas
- ↑ https://www.directferries.co.uk/dover_calais_ferry.htm
- ↑ Moralejo Laso 1980, p. 159
Véxase tamén
Bibliografía
- Moralejo Laso, Abelardo (1980). Universidade de Santiago de Compostela, ed. "Notas acerca de Hidrominia Gallega". Verba: Anuario galego de filoloxía (Santiago de Compostela) (7): 157–170. ISSN 0210-377X.