EFL Cup
EFL Cup | |
---|---|
Fundación | 1960 |
Rexión | Inglaterra Gales |
Equipos | 92 |
Actual campión | Swansea City (1º título) |
Máis laureado | Liverpool (8 títulos) |
Sitio web | www.thefa.com |
A EFL Cup (abreviatura de English Football League Cup; do inglés: Copa da Liga de Fútbol), coñecida por motivos de patrocinio como Carabao Cup, é unha competición de fútbol de Inglaterra. Do mesmo xeito que na Copa de Inglaterra, xógase cun formato de eliminación directa, aínda que a diferenza dos 674 equipos que entraron á FA Cup na tempada 2005-06, a esta copa só poden entrar 92 equipos: os 20 equipos da FA Premier League, e os 72 equipos da Football League, que organiza a competición.
Ademais, ao contrario que a FA Cup, as semifinais xóganse en partidos de ida e volta. O gañador da Copa da liga clasifícase para a UEFA Europa League, se non clasificou para outra competición europea doutra forma. O club con máis títulos é o Liverpool con oito.