Escola Politécnica Superior de Lugo
Escola Politécnica Superior de Lugo | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | escuela politécnica superior (en) ![]() ![]() | |||
Parte de | Universidade de Santiago de Compostela ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Lugo | |||
Concello | Lugo ![]() | |||
Localización | campus de Lugo ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | usc.gal… ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A Escola Politécnica Superior de Lugo, é un centro pertencente a Universidade de Santiago de Compostela sito no Campus Universitario de Lugo, no que actualmente se imparten os diferentes enxeñarías técnicas, enxeñarías superiores e másters, que co Espazo Europeo de Educación Superior e o conseguinte cambio de plan de estudos pasan a ser graos e másters.
Historia
Esta escola creouse por Decreto 26/1993, de 11 de febreiro, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Nun principio integrou as Escolas Universitarias de Enxeñería Técnica Agrícola, existente dende o ano 1967, de Enxeñería Técnica en Explotacións Forestais, a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos e a daquela recentemente creada Escola Técnica Superior de Montes. Tradicionalmente veu impartindo as titulacións da área agraria e forestal e sendo na actualidade un importante polo de referencia no desenvolvemento do Sector Agrario e Forestal de Galicia, a través dos seus obxectivos esenciais: a formación de titulados técnicos universitarios agrícolas e forestais e a realización de estudos técnicos e de investigación encamiñados a resolver problemas do sector. Aínda que co paso do tempo como no caso do resto do Sistema Universitario Galego acadar financiamento externo e os conflitos interdepartamentais fixeron que esta misión de servizo ao país perdese moita importancia na que estaba chamada a ser o motor do agro galego.
Dende o curso 2003-04, impártense tamén no Centro dúas titulacións do ámbito da Enxeñaría Civil: Enxeñaría Técnica de Obras Públicas e Enxeñaría Técnica en Topografía.
Obxectivos do centro
Os obxectivos iniciais deste centro foron, primeiro contribuír á especialización do Campus de Lugo, mantendo sempre a coexistencia de ensinanzas Técnicas e de Humanidades. E agrupar as Titulacións por grandes áreas científicas para favorecer a consolidación de unidades departamentais e acadar un mais fácil aproveitamento dos recursos de infraestruturas e a xeración de sólidas liñas de investigación.
Titulacións con presenza
Antigo Plan de Estudos
- Enxeñaría Técnica Agrícola
- Enxeñaría Técnica Forestal
- Enxeñaría Agrónoma
- Enxeñaría de Montes
- Enxeñaría Técnica en Topografía
- Enxeñaría Técnica en Obras Públicas
Plan de Estudos correspondentes co EEES
- Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural
- Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias
- Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
- Enxeñaría Civil
- Enxeñaría Xeomática e Topografía
- Investigación Agraria e Forestal
- Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural
- Dirección de Proxectos
- Arquitectura da paisaxe Juana de Vega
- Industria e Economía Leiteira
- Xestión sustentábel da Terra e do Territorio