Ed Sullivan

Ed Sullivan
Nacemento28 de setembro de 1901
Lugar de nacementoHarlem
Falecemento13 de outubro de 1974
Lugar de falecementoManhattan
Causacancro do esófago
SoterradoFerncliff Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterPort Chester High School
Ocupaciónpresentador de televisión, guionista, xornalista, presentador e escritor
PremiosPremio Globo de Ouro, Online Film & Television Association, star on Hollywood Walk of Fame e Trustees Award
Na rede
http://www.edsullivan.com
IMDB: nm0838047 Allocine: 35391 Allmovie: p113209 TV.com: people/ed-sullivan
Musicbrainz: 52d26346-7ca2-4cde-a9d5-ae62afdba9e3 Discogs: 1288794 WikiTree: Sullivan-5180 Find a Grave: 1001 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Edward Vincent Sullivan, nado en Nova York o 28 de setembro de 1901 e finado na mesma cidade o 13 de outubro de 1974, foi un famoso presentador de televisión dos Estados Unidos. Destacou na cultura popular daquel país, tornándose unha referencia dentro da cultura televisiva norteamericana, principalmente nas décadas de 1950 e 1960.

O seu programa dominical, denominado The Ed Sullivan Show, tivo o seu inicio en 1948 e rematou en 1971 na rede de televisión CBS; por alí pasaron os maiores nomes da música popular en todo o século XX: Cher, Elvis Presley, Beatles, Carpenters, Rolling Stones, The Doors, The Bee Gees, James Brown, Jackson Five, The 5th Dimension, Stevie Wonder, Diana Ross, entre outros.

Traxectoria

Infancia e inicio de carreira

Sullivan naceu en Harlem, Nova York, fillo de Elizabeth F. Smith e Peter Arthur Sullivan, un funcionario de alfándega de ascendencia irlandesa.[1][2]

Ex-boxeador, Sullivan comezou o seu traballo nos medios de comunicación como xornalista deportivo do xornal The New York Evening Graphic. Cando Walter Winchell, un dos columnistas sociais máis populares da súa época, deixou o xornal, Sullivan pasou a ser columnista teatral. A súa columna foi máis tarde publicada no The New York Daily News. Sullivan volveuse coñecido axiña no mundo do entretemento.

En 1941, Sullivan foi o presentador de Summer Silver Theater, programa de variedades da CBS, con Will Bradley como director de orquestra e invitados especiais cada semana.[3]

The Ed Sullivan Show

En 1948, o produtor Marlo Lewis, contratou a Ed Sullivan para facer un programa dominical de variedades na rede CBS, Toast of the Town, que máis tarde se converteu en The Ed Sullivan Show. Estreado en xuño de 1948, o programa foi transmitido dende os estudos da CBS: en 1967 trasladouse ao Broadway Theatre da rúa 53 en Nova York, que máis tarde pasou a se chamar Teatro Ed Sullivan, en que logo se rodou Late Show with David Letterman.

Sullivan inspirou unha canción do musical Bye Bye Birdie,[4] e en 1963, apareceu como el mesmo no filme homónimo (1963).

Fabricante de estrelas

Estrela de Ed Sullivan no Paseo da Fama de Hollywood.

Nas décadas de 1950 e 1960, Sullivan foi un respectado fabricante de estrelas, a causa do número de artistas que se converteron nomes coñecidos despois de aparecer no seu programa. Tiña un talento especial para identificar e promover os mellores talentos e pagaba unha gran contía de diñeiro para garantir talentos para o seu show.

Cando Elvis Presley se volveu popular, Sullivan desconfiaba do seu estilo de rapaz malo como cantante e dixo que nunca convidaría a Presley ao seu programa. No entanto, Elvis fíxose demasiado grande para ser ignorado, e Sullivan incluíu na axenda tres aparicións de Presley a partir de setembro de 1956.[4][5] En agosto de 1956, Sullivan foi ferido nun accidente de automóbiles preto da súa casa de campo en Southbury, Connecticut, e perdeu a primeira aparición de Presley o 9 de setembro. Charles Laughton foi quen presentou o cantante no programa.[6] Despois de que Sullivan coñecese a Presley persoalmente, presentouno ao seu público dicindo: "Este é un real e decente bo rapaz".[7][8]

En novembro de 1963, Sullivan testemuñaba no aeroporto de Heathrow a beatlemanía, cando a banda desembarcaba de volta da Suecia. No comezo, era renuente en presentar os Beatles no seu programa porque a banda non lanzara ningún sinxelo nos Estados Unidos naquel momento. Porén, a petición dun amigo, o empresario Sid Bernstein, Sullivan presentou os Beatles o 9 de febreiro de 1964, logrando a maior audiencia da historia da televisión estadounidense e aínda un dos programas máis vistos de todos os tempos.[9] En total os Beatles fixeron trece aparicións no The Ed Sullivan Show, máis do que calquera outro grupo do Reino Unido.

En 1969, Sullivan presentaba o grupo The Jackson 5 e o seu primeiro sinxelo "I Want You Back", quitando a B. J. Thomas o primeiro lugar da lista do Billboard.

Un dos artistas favoritos e máis frecuentes de Sullivan foi o grupo The Supremes, que apareceron dezsete veces no programa, axudando a pavimentar o seu camiño para a Motown Records.[10] The Temptations, The Four Tops e Martha and the Vandellas foron outros famosos grupos da época, que se presentaron no seu programa de variedades.

Morte

Ed Sullivan morreu en 13 de outubro de 1974, no Hospital Lenox Hill, en Nova York. Ao seu funeral asistiron 3000 persoas na catedral católica de San Patricio, en Nova York, un día frío e chuvioso. Sullivan foi enterrado nunha cripta no cemiterio Ferncliff en Hartsdale, Nova York.

Ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood (6101 Hollywood Blvd).

Vida persoal

Sullivan estivo prometido coa campioa de natación Sybil Bauer, mais faleceu de cancro en 1927 aos 23 anos.[11]

Estivo casado con Sylvia Weinstein dende 1930 ata a morte dela o 16 de marzo de 1973. O 22 de decembro de 1930, naceu a súa filla, Betty Sullivan, que máis tarde casou co produtor do Ed Sullivan Show Bob Precht.[12]

Notas

  1. Block, Maxine; Rothe, Anna Herthe and Candee, Marjorie Dent (1953). Current Biography Yearbook. H. W. Wilson Company. 
  2. Always on Sunday: Ed Sullivan: an Inside View – Michael David Harris – Google Books. Books.google.ca. Consultado o 10 de febreiro de 2014. 
  3. "Sunday". Radio and Television Mirror 16 (5): 41. setembro de 1941. Consultado o 1 de abril de 2015. 
  4. 4,0 4,1 "Show 7 – The All American Boy: Enter Elvis and the rock-a-billies. [Part 1]". 
  5. "Elvis on the Ed Sullivan Show". History1900s.about.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2012. Consultado o 10 de febreiro de 2014. 
  6. Merwin, Gregory (maio de 1957). Fifty Million People Can't Be Wrong (PDF). TV-Radio Mirror. pp. 32–33. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de outubro de 2013. Consultado o 12 de febreiro de 2012. (PDF)
  7. Orixinal en inglés: "This is a real decent, fine boy".
  8. "Elvis Presley | Ed Sullivan Show". Edsullivan.com. Consultado o 10 de febreiro de 2014. 
  9. "The Beatles | Ed Sullivan Show". Edsullivan.com. Consultado o 10 de febreiro de 2014. 
  10. Nachman (2009), Kindle location 6022.
  11. Sisson, Richard; Zacher, Christian K.; Cayton, Andrew R. L. (2007). The American Midwest: An Interpretive Encyclopedia. Bloomington, Ind.: Indiana University Press. p. 901. ISBN 0-253-34886-2. 
  12. "Elizabeth ‘Betty’ Sullivan Precht". Missoulian.com (Missoula, Montana). 9 de xuño de 2014. Consultado o 17 de marzo de 2015. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Leonard, John, The Ed Sullivan Age, American Heritage, May/June 1997, Volume 48, Issue 3
  • Nachman, Gerald, Ed Sullivan, decembro 18, 2006.
  • Nachman, Gerald (2009). Right Here on our Stage Tonight! Ed Sullivan's America. University of California Press. ISBN 0520268016. 
  • Maguire, James, Impresario: The Life and Times of Ed Sullivan, Billboard Books, 2006/31/102929/
  • Bowles, Jerry, A Thousand Sundays: The Story of the Ed Sullivan Show, Putnam, 1980
  • Barthelme, Donald, "And Now Let's Hear It for the Ed Sullivan Show!" in Guilty Pleasures, Farrar, Straus and Giroux, 1974

Ligazóns externas