Edgar Morin

Edgar Morin
Nome completoEdgar Nahoum
Nacemento8 de xullo de 1921
Lugar de nacemento9.º arrondissement de Paris
NacionalidadeFrancia
Relixiónateísmo
Alma máterFacultade de Dereito de París
Ocupaciónfilósofo, sociólogo, membro da resistencia francesa e director de cinema
CónxuxeSabah Abouessalam e Edwige Morin
FillosVéronique Grappe-Nahoum e Irène Nahoum
Coñecido porLa Méthode
PremiosGrand Officer of the National Order of Merit, Comendador das Artes e as Letras, Grã-Cruz da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada, Prix Européen de l'Essai Charles Veillon, Prêmio Internacional Catalunha, honorary doctorate of the National University of San Marcos, doutor honoris causa na Universidade de Laval, doutor honoris causa pola Universidade Libre de Bruxelas, Honorary doctorate from the University of Geneva, honorary doctor of the University of Valencia, Viareggio-Versilia International Prize, Oficial da Lexión de Honra, comendador da Lexión de Honor, grande oficial da Lexión de Honor, honorary doctor of the University of Santiago, Chile, honorary doctor of Veracruzana University, Prix Halphen, Honorary degree of the University of Macerata, honorary doctorate from the Pontifical Catholic University of Peru, Knight Officer of the Order of Civil Merit (Spain), Orde Militar de Sant'Iago da Espada, Order of Merit of the Principality of Liechtenstein, Orde do Mérito Civil e Gran cruz da Lexión de Honor
Na rede
IMDB: nm0602841 Twitter: edgarmorinparis Dialnet: 21545 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Edgar Morin, nado en París o 8 de xullo de 1921, é un sociólogo francés.

Traxectoria

Ligado á Fronte Popular francesa e comprometido coa II República Española, dende moi cedo asumiu o marxismo. Durante a segunda guerra mundial militou na resistencia, participou na liberación de París e na posguerra foi tenente do exército de ocupación francés en Alemaña. Afiliouse ao Partido Comunista Francés. As súas posicións contrarias ao stalinismo, levárono a distanciarse do partido ata a súa expulsión en 1951.

En 1950 entrou no Centre national de la reserche scientifique e máis tarde fundou a revista Arguments. Na Bretaña realizou un traballo de etnoloxía contemporánea. Fundou e dirixe o Centro d´etudes de comunication de masse

Moi comprometido coa axitación estudantil, foi un dos teóricos do maio do 68. Ás súas viaxes por Latinoamérica sensibilízano coas culturas indíxenas e afro-brasileiras.

Contrario á Guerra de Alxeria, estivo preto de posicións pacifistas. Así malia ás súas orixes xudeu-sefardíes, manifestouse crítico con Israel nas súas relacións con Palestina.

Conta con distincións de grande prestixio como a medalla de ouro da UNESCO,Comendadeur da Lègion d´honneur, a Ordem de Sant-Iago da Espada de Portugal ou o Premio internacional de Cataluña.

Pensamento

Defende a transdisciplinariedade e o pensamento complexo. É un dos pais da teoría da complexidade. Nel inflúe a cibernética, os sistemas, a xenética e a informática. Propón unha refundación antropolítica, unha nova toma de conciencia da comunidade de destino terrestre, o planeta como patria. A cultura actual pertence á prehistoria. Todas as grandes creacións foron impensables antes de producírense e todo o afortunado que leva ocorrido na historia foi no seu día improbable.Estes e outros factores son principios de esperanza na desesperanza. Quedan, xa que logo, posibilidades cerebrais e antropolóxicas no proceso de humanización. Isto non significa caer nun optimismo superficial pois ningún desenvolvemento se adquire para sempre e existe un principio de degradación que reclama unha rexeneración sempre incerta.

Obras

  • Autocritique (1959)
  • Le Paradigma perdu: la nature humaine (1973)
  • Terre-patrie (1993)
  • La Méthode (1977-2004)
  • Le chamin de l´espérance (con Stephane Hassel)