Efecto Joule
Lei de Joule (tamén coñecida como efecto Joule) é unha lei física que expresa a relación entre a calor xerada e a corrente eléctrica que percorre un condutor en determinado tempo. O nome é debido a James Prescott Joule (1818-1889) que estudou o fenómeno en 1840.
Definición
Ela pode ser expresa por:
onde:
- Q é o calor xerado por unha corrente constante percorrendo unha determinada resistencia eléctrica por determinado tempo.
- I é a corrente eléctrica que percorre o condutor..
- R é a resistencia eléctrica do condutor.
- t é a duración ou espazo de tempo en que a corrente eléctrica percorreu ao condutor.
Se a corrente non for constante:
Termodinámica
Cando unha corrente eléctrica atravesa un material condutor, hai produción de calor. Esa produción de calor é debida aos choques e rozamentos dos electróns (as cargas) a través do material.
Potencia disipada
Nos resistores eléctricos pódese calcular a potencia disipada utilizando a lei de Joule:
Aplicacións
- Diferentes tensións no transporte da enerxía eléctrica
É, principalmente, por causa do efecto Joule que a enerxía eléctrica é transportada en longas distancias en tensións máis altas. A maior tensión permite que a corrente sexa menor (para unha mesma potencia , P = V.i) e así menos enerxía desperdizada no efecto Joule (o outro motivo é o uso de cables de menor sección coa economía do material condutor e estrutura de sustentación).