El 33

El 33
Inicio das emisións 10 de setembro de 1989
Propiedade de CCMA
Formato da imaxe 1080i HDTV
Datos de audiencia 2.9% (outubro de 2010, TNS)
País España España
Lingua Catalán
Área de emisión Cataluña Cataluña
Illas Baleares
Andorra
Francia Pireneos Orientais
Nome(s) anterior(es) Canal 33
Canle/s irmá(s) TV3
Esport 3
Canal Super3
3XL
3/24
TV3CAT
TV3HD

Na rede
www.ccma.cat/cultura/

El 33 (anteriormente coñecido como Canal 33) é a segunda canle de Televisió de Catalunya, a emisora pública de Cataluña. Comezou a emitir o 10 de setembro de 1989 e ofrece unha programación de marcado carácter cultural.

Naceu para complementar a programación de TV3, e desde setembro de 2010 é unha canle temática cultural, xa que o bloque deportivo pasou á nova canle Esport 3. En 2001 perdeu a programación infantil e xuvenil, que pasou ao K3, actualmente Canal Super3 e 3XL.

Desde o 23 de abril de 2001 ao 12 de febreiro de 2010[1] compartiu frecuencia no dial analóxico primeiro co K3 e logo co Canal Super3. Na TDT, El 33 emite as 24 horas do día.

Notas

  1. "Agora, o Super3, só pola TDT". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2010. Consultado o 03 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.