El laberinto del fauno

El laberinto del fauno
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalEl laberinto del fauno
DirectorGuillermo del Toro
ProdutorGuillermo del Toro
Alfonso Cuarón
Álvaro Agustín
Berta Navarro
Frida Torresblanco
GuiónGuillermo del Toro
IntérpretesSergi López
Maribel Verdú
Ivana Baquero
Doug Jones
Ariadna Gil
Álex Angulo
MúsicaJavier Navarrete
FotografíaGuillermo Navarro
MontaxeBernat Vilaplana
DistribuidoraWarner Sogefilms
Estrea2006
Duración112 minutos
Orixe México
España España
Estados Unidos de América Estados Unidos[1]
Xénerodrama, fantasía, aventuras
Orzamento$19 000 000[2]
Recadación$83 258 226
Na rede
http://www.panslabyrinth.com
IMDB: tt0457430 Filmaffinity: 977734 Allocine: 57689 Rottentomatoes: m/pans_labyrinth Mojo: panslabyrinth Allmovie: v326961 TCM: 642796 Metacritic: movie/pans-labyrinth TV.com: movies/pans-labyrinth Netlix: 70050507Editar o valor em Wikidata

El laberinto del fauno é unha coprodución estadounidense-hispano-mexicana filmada en España, con guión e dirección do mexicano Guillermo del Toro.

Sinopse

El laberinto del fauno transcorre nunha zona non identificada do norte de España no ano 1944, cinco anos tralo fin da guerra civil española. Conta a apaixonante viaxe de Ofelia (Ivana Baquero), unha nena de 11 anos moi afeccionada ós libros de fantasía que, xunto á súa nai, Carmen (Ariadna Gil), nun delicado estado de saúde debido ó seu avanzado estado de xestación, trasládase ata un pequeno pobo no que se atopa destacado Vidal (Sergi López), un cruel capitán da Garda Civil franquista, novo marido de Carmen (o pai de Ofelia morrera durante a guerra) e polo que Ofelia non sente ningún afecto.

O capitán Vidal atopábase destacado para acabar cos últimos vestixios da resistencia republicana, escondida nos montes da zona, para o que non dubida en utilizar toda clase de procedementos, incluíndo o asasinato e a tortura, así como o racionamento de alimentos da poboación civil da zona.

Vidal ten o seu centro de operacións nun antigo muíño situado fóra do pobo. Á parte dos gardas civís, no muíño espéranlles Mercedes (Maribel Verdú), unha moza do pobo que se atopa a cargo dos demais membros do servizo, e o doutor Ferreira (Álex Angulo), que se fará cargo de Carmen.

Unha noite Ofelia descobre as ruínas dun labirinto onde se atopa cun fauno (Doug Jones), unha estraña criatura que lle fai unha revelación: Ofelia non é en realidade quen cre ser senón unha princesa, última da súa estirpe, á que o seu pobo leva moito tempo esperando. Para poder regresar, deberá superar tres probas antes de que chegue a lúa chea. No transcurso da súa misión, a fantasía e a brutal realidade mestúranse, dando lugar a unha historia onde a maxia que rodea a Ofelia sérvelle para evadirse da cruel realidade na que se atopa inmersa.

Personaxes

Outros datos

  • Foi a película rodada en castelán máis exitosa da historia nos Estados Unidos.[1]
  • Foi estreada en España o 11 de outubro de 2006 e en México o 20 de outubro do mesmo ano.
  • O 15 de outubro tivo lugar unha estrea limitada para Estados Unidos na cidade de Nova York, á que asistiron Guillermo del Toro e Doug Jones. O debut en máis cines levouse a cabo o 29 de decembro do mesmo ano.
  • Entre os festivais internacionais nos que se exhibiu a película figuran o Festival Internacional de Cine de Cannes, o Festival de cine fantástico de Sitges o festival Bos Aires Vermello Sangue e o Festival de cine de Toronto, en todos a película obtivo grande éxito de crítica en todos os casos.
  • A película foi elixida como candidata oficial de México ó Óscar na categoría de mellor película en lingua non inglesa. Isto foi posible grazas a que se trata dunha coprodución hispanomexicana, aínda que parte do equipo técnico e a case totalidade do elenco de actores (coas excepcións de Doug Jones e Federico Luppi) é de nacionalidade española. É a primeira película do xénero de fantasía nomeada ó Óscar en devandita categoría.
  • A comezos de agosto de 2007, a película mantíñase cun 8,5 de nota en The Internet Movie Database (aparecendo no posto 46 dentro das 250 mellores películas para IMDb) e un 96 sobre 100 en Rotten Tomatoes Arquivado 07 de maio de 2008 en Wayback Machine..
  • Grazas á súa amizade con Guillermo del Toro, Mike Mignola (debuxante de Hellboy) e Drew Struzan (creador dos pósteres da saga Star Wars) accederon a debuxar pósteres especiais para a película.
  • A película contén polo menos dúas referencias ó anterior proxecto de Dl Toro, Hellboy (2004). Nesta película aparecen dúas das fadas de El Labirinto del Fauno conservadas nos laboratorios da ficticia Axencia de Investigación Paranormal, e o altar que se atopa na estancia do fauno é empregado na cerimonia de resurrección de Rasputín.
  • É a segunda parte da triloxía informal de películas fantásticas ambientadas na guerra civil e posguerra española de Guillermo del Toro. A primeira foi El espinazo del diablo (2001) centrada nun orfanato acosado por unha pantasma nos últimos días da guerra civil.
  • Garda referencias a Labyrinth de Jim Henson e as películas en technicolor.
  • A película é moi violenta. Contén decenas de asasinatos por disparos con pistolas na cabeza, ou a curtísima distancia. Nunha das primeiras escenas, o capitán protagonista mata a un mozo campesiño detido diante do seu vello pai, esmagándolle o cranio cunha botella en repetidos golpes.
  • A película foi rodada nos piñeirais de El Espinar (Segovia), entre xullo e setembro de 2005. Ese mesmo ano, finalizando a rodaxe da película e coincidindo coas festas de San Rafael, núcleo onde se rodou, Guillermo del Toro foi pregoeiro das festas Agradecemento de película, en elespinar.info.

Premios

Premios Goya 2006

Entregados o 28 de xaneiro de 2007.

Categoría Acode Resultado
Mellor película Candidata
Mellor director Guillermo del Toro Candidato
Mellor actor Sergi López Candidato
Mellor actriz Maribel Verdú Candidata
Mellor actriz revelación Ivana Baquero Gañadora
Mellor guión orixinal Guillermo del Toro Gañador
Mellor fotografía Guillermo Navarro Gañador
Mellor montaxe Bernat Vilaplana Gañador
Mellor dirección artística Eugenio Candidato
Mellor música orixinal Javier Navarrete Candidato
Mellor son Miguel Polo, Martín Hernández Gañadores
Mellor maquillaxe e barbería José Quetglas, Blanca Sánchez Gañadores
Mellores efectos especiais David Martí, Reyes Abades, Montse Ribe Gañadores

Premios BAFTA 2006

Entregados o 11 de febreiro de 2007.

Categoría Persoa Resultado
Mellor película de fala non inglesa Gañadora
Mellor guión orixinal Guillermo del Toro Candidato
Mellor fotografía Guillermo Navarro Candidato
Mellor deseño de produción Eugenio Candidato
Mellor deseño de vestiario Lala Huete, Rocío Redondo Gañadoras
Mellor son Miguel Polo, Martín Hernández Candidatos
Mellor maquillaxe e barbería José Quetglas, Blanca Sánchez Gañadores
Mellores efectos visuais Everett Burrell Candidato

Premios Oscar 2006

Entregados o 25 de febreiro de 2007

Categoría Persoa Resultado
Mellor película estranxeira Candidata (por México)
Mellor fotografía Guillermo Navarro Gañador
Mellor guión orixinal Guillermo del Toro Candidato
Mellor maquillaxe David Martí, Montse Ribé Gañadores
Mellor banda sonora Javier Navarrete Candidato
Mellor dirección artística Eugenio , Pilar Revuelta Gañadores

Premios Ariel 2006

Gañador de 9 premios de 12 nomeamentos[3]:

  • Ariel de Ouro á Mellor Película -> Gañadora
  • Ariel a Mellor Director -> Gañador: Guillermo del Toro
  • Ariel á Mellor Actriz -> Gañadora: Maribel Verdú
  • Ariel ó Mellor Actor Secundario -> Nomeada
  • Ariel á Mellor Edición -> Nomeada
  • Ariel á Mellor Fotografía -> Gañadora
  • Ariel á Mellor Dirección de Arte -> Gañadora
  • Ariel ó Mellor Vestiario -> (Lala Huete) Gañadora
  • Ariel á Mellor Maquillaxe (José Quetglás e Blanca Sánchez -> Gañadora
  • Ariel ós Mellores Efectos Visuais -> Gañadora
  • Ariel á Mellor Música Orixinal -> Gañadora
  • Ariel ó Mellor Son -> Nomeada

Notas

  1. Ficha en Imdb
  2. BoxOfficeMojo.com
  3. "Premios Ariel 2007". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2016. Consultado o 08 de maio de 2020. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas