Electriclarryland
Electriclarryland | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Butthole Surfers | ||||
Publicado | 1996 | |||
Duración | 51:22 | |||
Xénero(s) | rock psicodélico, rock alternativo | |||
Selo(s) | Capitol Records | |||
Produtor | Paul Leary, Steve Thompson | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Electriclarryland é o sétimo álbum da banda estadounidense de rock experimental Butthole Surfers, publicado o 2 de abril de 1996 a través do selo Capitol Records. O grupo conseguiu o seu primeiro Top 40 co sinxelo "Pepper". O disco foi certificado ouro pola RIAA o 20 de agosto de 1996.
O título do álbum é unha parodia do terceiro traballo de Jimi Hendrix, titulado Electric Ladyland. Esta é a segunda vez que a banda unha un título de parodia nunha das súas edicións. A primeira vez foi co disco Hairway to Steven, que fai referencia á canción "Stairway to Heaven" de Led Zeppelin. O título orixinal do traballo ía ser Oklahoma!, pero por medo a demandas Capitol forzou á banda a cambiar o nome.
O álbum foi tamén editado nunha versión "limpa" onde se eliminaron as bocaladas, contando cunha nova portada e a banda acreditada como "B***h*** Surfers".
O tema "The Lord Is a Monkey" apareceu en dúa películas estreadas en 1996, Beavis and Butt-head Do America e Black Sheep.
Listaxe de cancións
Tódolos temas escritos e compostos por Butthole Surfers.
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Birds" | 3:10 |
2. | "Cough Syrup" | 4:33 |
3. | "Pepper" | 4:57 |
4. | "Thermador" | 4:35 |
5. | "Ulcer Breakout" | 2:34 |
6. | "Jingle of a Dog's Collar" | 3:08 |
7. | "TV Star" | 3:06 |
8. | "My Brother's Wife" | 5:13 |
9. | "Ah Ha" | 3:31 |
10. | "The Lord Is a Monkey" | 4:46 |
11. | "Let's Talk About Cars" | 4:34 |
12. | "L.A." | 2:46 |
13. | "Space" | 4:25 |