Elipse (lingua)

Unha elipse ou elisión de elementos gramaticais consiste na omisión de parte da cadea lingüística por diferentes motivos. Na lingua habitual, pode verse motivada pola súa redundancia, por ser moi doada de sobreentender ou por acurtar a expresión. Na lingua poética, utilízase adoito como figura literaria. Este recurso non impide a gramaticalidade do expresado.

Exemplos

  • Rógolles asistan á cerimonia: Omítese o nexo que. En inglés tamén pode verse no exemplo análogo I told you (that) it was OK, aínda que é un fenómeno moito máis habitual ca en galego.
  • En Otero Pedrayo (Os señores da terra). Elisión dos verbos ser e estar e emprego da xustaposición: O corpo da casa (estaba) ergueito en fina canteiría, (era) obra limpa dos barrocos do dazasete.. (páxina 79).

Véxase tamén

Outros artigos


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.