Elliot Page,[1] nado como Ellen Grace Philpotts-Page en Halifax, Nova Escocia o 21 de febreiro de 1987,[2][3] é un actor e produtor canadense. É coñecido polo seu papel no filme e serie de televisión Pit Pony (1997–2000), o cal lle valeu un Premio Young Artist, e polos seus papeis recorrentes en Trailer Park Boys (2002) e ReGenesis (2004). Page tamén obtivo recoñecemento polo seu papel no filme Hard Candy (2005), gañando o premio da Austin Film Critics Association á mellor actriz.
Page conseguiu recoñecemento internacional pola súa interpretación no filme de Jason Reitman Juno (2007), que lle valeron nomeamentos para os Premios Óscar, os BAFTA, os Critics' Choice Awards, os Globos de Ouro e os Screen Actors Guild Award. Tamén conseguiu eloxios polas súas interpretacións en The Tracey Fragments (2007), Whip It (2009), Super (2010), Orixe (2010) e Tallulah (2016). Page interpretou a Kitty Pryde nos filmes de X-Men The Last Stand (2006) e Days of Future Past (2014), produciu o flime Freeheld (2015), que tamén protagonizou, e fixo o seu debut como director no documental There's Something in the Water (2019). Dende 2019, interpreta a Vanya Hargreeves na serie de NetflixThe Umbrella Academy.
Page anunciou publicamente que era homosexual en febreiro de 2014, e anunciou que era transxénero en decembro de 2020, xunto co seu novo nome, Elliot Page.
Traxectoria
Elliot durante a presentación de Whip It no Festival Internacional de Cine de Toronto de 2009.
É fillo de Denis Page (deseñador gráfico) e Martha Phillpotts (mestra). Asistiu ó "Halifax Grammar School" até o oitavo curso e posteriormente estivo varios anos no instituto "Queen Elizabeth High School" graduándose finalmente no "Shambhala School" en 2005. Pasou dous anos en Toronto, Ontario, estudando no programa interactivo de "Vaughan Road Academy" xunto co seu mellor amigo e tamén actorcanadense Mark Rendall.
Page comezou a súa carreira co filme Pit pony (1997), á idade de dez anos, interpretando o papel de "Maggie McLean". Posteriormente, en 1999, realizouse a serie televisiva homónima. Grazas ó seu traballo nesta última entrou nos nomeamentos ós Premios Gemini como mellor interpretación de programa infantil.
Acadou notoriedade polo seu traballo no filme Hard Candy (2005), cuxo tema central é o abuso sexual, no papel de "Hayley Stark", unha adolescente de 14 anos lista e encantadora que coñece a un home de trinta e poucos anos con quen non "debería" estar.
Elliot Page sorprendeu a críticos e espectadores coa súa interpretación dun papel tan duro como o que tivo en Hard Candy, pero quizais sexa máis coñecido despois de traballar en X-Men: The Last Stand como "Kitty Pryde/Shadowcat", unha mutante capaz de atravesar calquera tipo de material.
No 2007 sorprendeu ós críticos novamente cunha faceta como actror completamente diferente co seu papel en Juno, unha rapaza de dezaseis anos cun embarazo non desexado. O filme valeulle a candidatura ó Globo de Ouro en 2008 na categoría de Mellor actriz de comedia ou musical e ó Oscar á mellor actriz. Juno conseguiu o Oscar ó mellor guión o 24 de febreiro de 2008.
O 1 de marzo de 2008 Elliot foi a convidado de Saturday Night Live e o 3 de maio de 2009 aparecía como estrela invitada no capítulo "Waverly Hills 9-0-2-1-D'oh" da serie animada The Simpsons, interpretando ó personaxe "Alaska Nebraska".
Participou no filme Orixe (2010) sendo nomeado ó Premio Saturn á mellor actriz e no filme de baixo presuposto Super. Foi un dos protagonistas do filme de Woody AllenTo Rome with Love (2012) e do filme de Zal Batmanglij The East (2013). No filme X-Men: Days os Future Past (2014) fai o papel da mutante Kitty Pride[4]. O 14 de febreiro de 2014 fixo pública a súa orientación sexual nunha conferencia da organización Human Rights Campaign proclamando que estaba cansa de agachar o seu lesbianismo[5]
O 1 de decembro de 2020 anuncia nas redes sociais un comunicado declarando ser transxénero.