Emídidos

Emídidos
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Subclase: Anapsida
Orde: Testudines
Suborde: Cryptodira
Superfamilia: Testudinoidea
Familia: Emydidae
Rafinesque, 1815
Subfamilias

 Emydinae
 Deirochelyinae

Os emídidos (Emydidae) son unha familia das tartarugas que comprende máis de 80 especies, que xurdiron no Oligoceno, tendo a maioría dos xéneros representantes actuais. A especie que habita na Galiza é a Emys orbicularis ou sapoconcho europeo.

Características

Nesta familia están as tartarugas que viven gran parte do tempo na auga, habitando en estanques, encoros ou ríos, aínda que poiden desprazarse por terra cando o precisan para tratar de atopar lugares axeitados para a posta.

O apareamento pode realizarse en terra ou baixo a auga e o macho persegue á femia golpeándolle e mordéndolle nas patas. Os ovos son alongados e de casca dura. Os novos individuos teñen unha forma máis redondeada e os deseños da cuncha mellor marcados que os dos adultos.

A gran diferenza que é posíbel notar nesta familia con relación ás demais é que as súas patas están modificadas para facilitar a natación e captura de alimento.

Debido á perda progresiva dos seu hábitat natural por culpa das accións humanas, as poboacións destas tartarugas están diminuíndo progesivamente, o que as leva a poñer en perigo a súa subsistencia como especie.

Clasificación

Taxonomía

Familia Emydidae

  • Subfamilia Emydinae
    • Xénero Emydoidea
    • Xénero Emys
    • Xénero Clemmys
    • Xénero Terrapene
  • Subfamilia Deirochelyinae
    • Xénero Deirochelys
    • Xénero Chrysemys
    • Xénero Graptemys
    • Xénero Malaclemys
    • Xénero Pseudemys
    • Xénero Trachemys

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas