Emil Constantinescu
Emil Constantinescu, nado en Tighina o 19 de novembro de 1939, é un político romanés, que foi presidente do seu país entre 1996 e 2000.
Graduouse en Dereito na Universidade de Bucarest e despois estudou xeoloxía. Foi profesor de xeoloxía na Universidade de Bucarest, onde tamén foi secretario de propaganda do Partido Comunista Romanés.
Despois da Revolución romanesa de 1989, Constantinescu tornouse un dos fundadores da organización Alianța Civică e despois do Forum Antitotalitario de Romanía, a primeira organización de oposición en Romanía, que se transformou na Convención Demócrata Romanesa - CDR.
Predecesor: Ion Iliescu |
Presidente de Romanía 1996 a 2000 |
Sucesor: Ion Iliescu |