Emma Thompson

Emma Thompson
Nome completoEmma Thompson
Nacemento15 de abril de 1959
LugarPaddington e Reino Unido
NacionalidadeReino Unido
Educada enNewnham College, Universidade de Cambridge e The Camden School for Girls
PaiEric Thompson
NaiPhyllida Law
Cónxuxe(s)Greg Wise e Kenneth Branagh
FillosTindyebwa Agaba Wise e Gaia Wise
Profesiónactriz, actriz de televisión, actriz de cinema, humorista, directora de cine, guionista, actriz de teatro, actriz de dobraxe e escritora
Na rede
IMDB: nm0000668 Allocine: 1795 Rottentomatoes: celebrity/emma_thompson Allmovie: p70692 0 Metacritic: person/emma-thompson TV.com: people/emma-thompson IBDB: 399457
Spotify: 4tB1f1h4TQqDz4bNaibMpl iTunes: 275860729 Last fm: Emma Thompson Musicbrainz: 2693d6a0-b225-42ea-a7b7-d4e8b5ab136a Discogs: 924689 Allmusic: mn0001465313 WikiTree: Thompson-40856 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Emma Thompson, nada en Londres o 15 de abril de 1959, é unha actriz, guionista, produtora, activista, autora e humorista británica. Está considerada unha das actrices máis aclamadas do país, recibindo numerosos premios ao longo de toda a súa traxectoria, entre os que se inclúen dous Premios Óscar, dous Globos de Ouro, dous Premios BAFTA, un Premio BAFTA de televisión e un Primetime Emmy.

Traxectoria

É filla do actor inglés Eric Thompson e da actriz escocesa Phyllida Law. Formouse na Universidade de Cambridge, onde formou parte da tropa de Footlights. Apareceu na serie cómica Alfresco (entre 1983 e 1984) xunto con Hugh Laurie, Stephen Fry e Robbie Coltrane. En 1987 fíxose coñecida pola súa actuación en dúas series de televisión da BBC, Tutti Frutti e Fortunes of War, polas que gañou cadanseu premio Premios BAFTA de televisión como mellor actriz. A comezos da década de 1990, adoitaba facer traballos en colaboración co seu daquela marido, o actor e director Kenneth Branagh, en filmes como Henry V (1989), Dead Again (1991), Os amigos de Peter (1992) e Much Ado About Nothing (1993).

En 1992 gañou un Premio Óscar e un Premios BAFTA á mellor actriz pola súa interpretación no filme Howards End. En 1993, foi candidata a dous Óscar pola súa participación en O que queda do día e In the Name of the Father. En 1995, Thompson escribiu e protagonizou o filme Sense and Sensibility, polo que gañou numerosos premios, entre os que se atopa o Óscar ao mellor guión (sendo a única persoa da historia en conseguir o premio á mellor actriz e ao mellor guión), e tamén un segundo BAFTA. En 2013, recibiu boas críticas e varias candidaturas a premios por interpretar a P. L. Travers en Saving Mr. Banks. Destacan outros papeis notábeis en filmes como os que fixo na serie de filmes de Harry Potter (2004–2011), Primary Colors (1998), Wit (2001), Love Actually (2003), Angels in America (2003), Nanny McPhee (2005), Stranger than Fiction (2006), Last Chance Harvey (2008), An Education (2009), Men in Black 3 (2012), Men in Black: International (2019), Brave (2012), Beauty and the Beast (2017), Late Night (2019) e Cruella (2021). Tamén protagonizou a serie da BBC/HBO Years and Years (2019).

Thompson está casada actualmente co actor Greg Wise, co que vive en Londres. Teñen unha filla e un fillo adoptado. É activista dos dereitos humanos e do ecoloxismo.[1] Tamén escribiu dous libros adaptados do libro infantil The Tale of Peter Rabbit.

Filmografía

Cinema

Ano Título Personaxe Director Notas
1989 Henry V Catarina de Valois Kenneth Branagh
The Tall Guy Kate Lemmon Mel Smith
1991 Dead Again Grace / Margaret Strauss Kenneth Branagh
Impromptu Claudette, Duchess d'Antan James Lapine
1992 Howards End Margaret Schlegel James Ivory Óscar á mellor actriz
Os amigos de Peter Maggie Chester Kenneth Branagh
1993 Much Ado About Nothing Beatrice Kenneth Branagh
O que queda do día Miss Kenton James Ivory Candidata: Óscar á mellor actriz
In the Name of the Father Gareth Peirce Jim Sheridan Candidata: Óscar á mellor actriz secundaria
1994 Junior Doutora Diana Reddin Ivan Reitman
1995 Carrington Dora Carrington Christopher Hampton
Sense and Sensibility Elinor Dashwood Ang Lee Tamén guionista
Óscar ó mellor guión adaptado
Candidata: Óscar á mellor actriz
1997 The Winter Guest Frances Alan Rickman
1998 Primary Colors Susan Stanton Mike Nichols
Judas Kiss Sadie Hawkins Sebastian Gutierrez
2000 Maybe Baby Druscilla Ben Elton
2002 Treasure Planet Capitán Amelia (voz) Ron Clements
John Musker
2003 Imagining Argentina Cecilia Christopher Hampton
Love Actually Karen Richard Curtis
2004 Harry Potter e o preso de Azkaban Profesora Sybill Trelawney Alfonso Cuarón
2005 Nanny McPhee Nanny McPhee Kirk Jones Tamén guionista
2006 Stranger than Fiction Karen Eiffel Marc Forster
2007 Harry Potter e a Orde do Fénix Profesora Sybill Trelawney David Yates
Son lenda Doutora Alice Krippin Francis Lawrence Cameo sen creditar
2008 Brideshead Revisited Lady Marchmain Julian Jarrold
Last Chance Harvey Kate Walker Joel Hopkins
2009 An Education Directora da escola Lone Scherfig
The Boat That Rocked Charlotte Richard Curtis
2010 Nanny McPhee and the Big Bang Nanny McPhee Susanna White Tamén guionista
2011 Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) Profesora Sybill Trelawney David Yates
2012 Men in Black 3 Axente O Barry Sonnenfeld
Brave Raíña Elinor (voz) Mark Andrews
Brenda Chapman
2013 Beautiful Creatures Mrs. Lincoln / Sarafine Richard LaGravenese
Saving Mr. Banks P.L. Travers John Lee Hancock
The Love Punch Kate Jones Joel Hopkins
2014 Men, Women & Children Narradora (voz) Jason Reitman
Effie Gray Lady Eastlake Richard Laxton Tamén guionista[2]
2015 A Walk in the Woods Catherine Bryson Ken Kwapis
The Legend of Barney Thomson Cemolina Robert Carlyle
Burnt Doutora Rosshilde John Wells
2016 Alone in Berlin Anna Quangel Vincent Pérez
Bridget Jones's Baby Doutora Rawling Sharon Maguire Tamén guionista
The Doubt Machine: Inside the Koch Brothers'
War on Climate Science
Narradora (voz) Bruce Livesey Documental
2017 Beauty and the Beast Señora Potts Bill Condon
Sea Sorrow Sylvia Pankhurst Vanessa Redgrave
The Meyerowitz Stories Maureen Noah Baumbach
The Children Act Fiona Maye Richard Eyre
2018 Johnny English Strikes Again Primeira ministra do Reino Unido David Kerr
2019 Late Night Katherine Newbury Nisha Ganatra
Missing Link A ieti Dora (voz) Chris Butler
Men in Black: International[3] Axente O F. Gary Gray
How to Build a Girl Amanda Watson Coky Giedroyc
Last Christmas Petra Andrich Paul Feig Tamén guionista e produtora
2020 Dolittle Polynesia (voz) Stephen Gaghan
2021 Cruella Baronesa von Hellman Craig Gillespie
2022 Matilda the Musical Miss Trunchbull Matthew Warchus
TBA What's Love Got to Do With It? Cath Shekhar Kapur
TBA Good Luck to You, Leo Grande Nancy Stokes Sophie Hyde

Televisión

Ano Título Personaxe Notas
1982 Cambridge Footlights Revue Varios personaxes Especial de televisión
There's Nothing to Worry About! Mrs. Wally 3 episodios
1983–84 Alfresco Varios personaxes 13 episodios
1984 The Comic Strip Presents Moza Episodio: "Slags"
Os novos Miss Money-Sterling Episodio: "Bambi"
1985 Emma Thompson: Up for Grabs Varios Telefilme
1987 Tutti Frutti Suzi Kettles Miniserie; 6 episodios
Fortunes of War Harriet Pringle Miniserie; 7 episodios
1988 Thompson Varios personaxes 6 episodios
1989 Look Back in Anger Alison Porter Telefilme
1990 Knuckle Jenny Wilbur Telefilme
The Winslow Boy Catherine Winslow Telefilme
1992 Cheers Nanette Guzman Episodio: "One Hugs, the Other Doesn't"
1994 The Blue Boy Marie Bonnar Telefilme
1997 Ellen Ela mesma (convidada) Episodio: "Emma"
Hospital! Muller elefante Telefilme
2001 Wit Vivian Bearing Telefilme, tamén guionista
2003 Angels in America Enfermeira Emily/Muller sen fogar/The Angel America Miniserie, 5 episodios
2009 QI Ela mesma Serie F, Episodio: "Film"
2010 The Song of Lunch Ela Telefilme
2012 Walking the Dogs Isabel II do Reino Unido Telefilme
2017 Upstart Crow Isabel I de Inglaterra Episodio: "A Christmas Crow"
2018 King Lear Goneril Telefilme
2019 Saturday Night Live Ela mesma (convidada) Episodio: "Emma Thompson/Jonas Brothers"
Years and Years Vivienne Rook MP Miniserie, 6 episodios

Notas

  1. "Actress Emma Thompson joins climate protest in London's Oxford Circus". www.msn.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2019. Consultado o 23 de abril de 2019. 
  2. Eden, Richard (23 de decembro de 2012). "Emma Thompson is kept waiting by John Ruskin film". The Telegraph. Consultado o 14 de xaneiro de 2013. 
  3. Chitwood, Adam (5 de decembro de 2018). "The 'Men in Black' Reboot Is Titled 'Men in Black International'". Collider. Consultado o 5 de decembro de 2018. 

Véxase tamén