Emma Calvé
![]() (1880) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Rosa Noémie Emma Calvet ![]() 15 de agosto de 1858 ![]() Decazeville, Francia ![]() |
Morte | 6 de xaneiro de 1942 ![]() Montpellier, Francia ![]() |
Causa da morte | doenza ![]() |
Lugar de sepultura | Cimetière de Millau (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante de ópera ![]() |
Xénero artístico | Ópera ![]() |
Profesores | Adolphe Grognier (pt) ![]() ![]() ![]() |
Tesitura | Soprano ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Compañeiro profesional | Brahm van den Berg (pt) ![]() ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |

Rosa Emma Calvet de Roquer,[1] nada en La Sala, Aveyron,[2] o 15 de agosto de 1858 e finada en Montpellier o 6 de xaneiro de 1942, foi unha soprano francesa de orixe catalá coñecida como Emma Calvé. Probablemente foi a cantante de ópera francesa máis famosa da Belle Époque.[3]
Traxectoria

Foi alumna de Jules Puget, Mathilde Marchesi,[4] Rosina Laborde e Manuel García.
Debutou como Marguerite en Faust no Théâtre de la Monnaie, Bruxelas, o 23 de setembro de 1881[2] e tres anos máis tarde apareceu en París na Ópera-Comique. Massenet escribiu para ela dous papeis, as heroínas de La navarraise e Sapho. Interpretou o papel de Suzel en L'amico Fritz de Pietro Mascagni, que máis tarde cantou en Roma. Debido ao seu grande éxito, foi escollida para o papel de Santuzza en Cavalleria rusticana, que foi vista como unha das súas mellores pezas. Repetiu o éxito en Londres. Debutou no Teatro Real de Madrid o 9 de xaneiro de 1895 na ópera Hamlet de Ambroise Thomas.[5]
Cantou frecuentemente no Covent Garden e na Metropolitan Opera e foi coñecida polas súas moitas actuacións de Carmen. Tivo éxito en papeis como Leila e Ophelia. A súa voz, clara na zona alta, era sonora e timbrada na baixa. Grazas a isto puido encarnar unha Santuzza e unha Carmen que fixeron historia. En contraste coa súa contemporánea Bellincioni, Calvé intentou ser moi expresiva e ao mesmo tempo medida.
Foi a gran sacerdotisa da subcultura esotérica de París e chegou a estar comprometida co escritor ocultista Jules Bois.[6] Foi membro da Independent Society for Esoteric Studies, fundada polo ocultista Papus. Dise que era un amante de Bérenger Saunière e que estaba relacionada co asunto de Rennes-le-Château .
Poucos anos antes da súa morte, Calvé confiou as súas memorias a unha editorial que as publicou baixo o título Sous tous les ciels j'ai chanté.[7]
Calvé faleceu o 6 de xaneiro de 1942 en Montpellier, Hérault, e está enterrada en Millau.[8] A súa voz consérvase en numerosas gravacións rea lizadas entre 1902 e 1920.
Notas
- ↑ Gómez García, Manuel. Diccionario del teatro (en castelán).
- ↑ 2,0 2,1 Hoffman 2004, p. 153.
- ↑ "Emma Calvé". Gran Enciclopèdia de la Música (en catalán). Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
- ↑ Mukherjee 2013, p. 395.
- ↑ "Espectáculos - Real". La Iberia: 3. 7 gener 1895.
- ↑ "Mme. Calve to Marry". The New York Times. 6 de xaneiro de 1903. Consultado o 26 de febreiro de 2013.
- ↑ "Calvé Emma". Encyclopédie de l'Agora (en francés). 1/4/2012.
- ↑ "Music: A Carmen Dies". Time Magazine. 19 de xaneiro de 1942.
Véxase tamén
Bibliografía
- Contrucci, Jean (1988). Emma Calvé, la Diva du siècle (en francés). París: Albin Michel. p. 378. ISBN 9782226035417.
- Calvé, Emma (1940). Sous tous les ciels j'ai chanté (en francés). París: Plon. p. 299.
- Mukherjee, Somenath (2013). Swami Vivekananda: New Perspectives An Anthology on Swami Vivekananda. Ramakrishna Mission Institute of Culture. ISBN 978-93-81325-23-0.
- Hoffman, Frank (2004). Encyclopedia of Recorded Sound. Taylor & Francis. ISBN 978-0-203-48427-2.