Envés

Follas de álamo (Populus alba). Neste caso, como noutros moitos, distínguese o envés porque é máis claro que a face.

En botánica, chámase envés[1] ou revés á cara inferior da lámina ou limbo da folla dunha planta. A epiderme do envés tende a ser diferente á da face ou cara superior; case sempre presenta unha cutícula máis fina, maior densidade de estomas e, frecuentemente tamén, maior abundancia de tricoma (pelos epidérmicos). Case sempre é de cor máis clara cá face.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para envés.

Véxase tamén

Outros artigos