Eric Hobsbawm

Eric Hobsbawm
Nacemento9 de xuño de 1917
Lugar de nacementoAlexandría
Falecemento1 de outubro de 2012
Lugar de falecementoLondres
Causapneumonía
Soterradocemiterio de Highgate
NacionalidadeReino Unido
Alma máterKing's College, St Marylebone Grammar School e Prinz-Heinrichs-Gymnasium
Ocupaciónescritor, historiador da economia, historiador social, profesor universitario, xornalista musical e historiador
PaiLeopold Percy Hobsbaum
NaiNelly Hobsbaum
CónxuxeMuriel Seaman e Marlene Hobsbawm
FillosJulia Hobsbawm, Andy Hobsbawm e Joss Bennathan
Coñecido porA Era das Revoluções, Bandits, Era do Capital, The Age of Extremes: A History of the World, 1914–1991 e Primitive Rebels: Studies in Archaic Forms of Social Movement in the 19th and 20th centuries
PremiosPrêmio Balzan, Bochum Historian Prize, Premio Ernst Bloch, Prêmio Wolfson de História, Lionel Gelber Prize, Deutscher Memorial Prize, honorary doctor of the University of Girona, honorary doctor of the University of Vienna, doutor honoris causa pola Universidade Carolina de Praga, Membro da Academia Britânica, membro da Royal Society of Literature, honorary citizen of Vienna, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, Leipzig Book Award for European Understanding, Companion of Honour e Medlicott Medal
Na rede
IMDB: nm1402399 Dialnet: 703243 iTunes: 408880496 WikiTree: Hobsbawm-1 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Eric John Ernest Hobsbawm, nado en Alexandría, Exipto, o 9 de xuño de 1917 e finado en Londres, Inglaterra, o 1 de outubro de 2012, foi un historiador marxista británico. Foi autor da triloxía Long nineteenth century (The Age of Revolution: Europe 1789–1848, The Age of Capital: 1848–1875; The Age of Empire: 1875–1914).

Traxectoria

Fillo de pais xudeus e criado en Viena e Berlín, non se trasladaría a Londres ata 1933, cos seus pais xa finados. Obtivo o seu doutoramento en Historia pola Universidade de Cambridge. En 1947 obtivo unha praza de profesor de Historia na Universidade de Londres. Foi profesor visitante en varias universidades estadounidenses e membro da Academia Británica.

Pensamento

Os seus traballos centráronse nos eidos do capitalismo, o socialismo e o nacionalismo. A súa filiación comunista causoulle problemas de marxinación profesional, non sendo ata os anos 60 cando se empezaron a publicar os seus traballos e impedíndolle acadar unha praza de mestre en Cambridge. Malia ela, non vacilou en condenar a invasión soviética de Hungría e saudar con simpatía a Primavera de Praga.

No eido historiográfico, a súa perspectiva marxista contribuíu a superar a vella historiografía vitoriana baseada nos grandes personaxes, contribuíndo á construción da historia social. Criticou as chamadas tradicións nacionais, considerándoas meros inventos das elites gobernantes para xustificaren as construcións dos Estados-nación. Focalizou boa parte da súa análise na que el denominou Revolución Dual, a francesa e a industrial, interpretándoas como a forza impulsora do liberalismo capitalista actual. Outro tema recorrente nos seus traballos é o dos bandidos sociais, aos que dota dun contexto sociohistórico, contradicindo así a visión tradicional de seren un xeito espontáneo e imprevisible de rebelión primitiva. Tamén publicou numerosos ensaios sobre a barbarie na Idade Moderna, a problemática do movemento obreiro e o conflito entre o anarquismo e o comunismo.

Alén da súa actividade coma historiador, tamén escribiu unha columna regular na revista New Statesman coma crítico de jazz, asinada baixo o pseudónimo de Francis Newton.

Véxase tamén

Ligazóns externas