Escola Naval Militar de Marín

Escola Naval Militar de Marín
Tipoacademia militar e escola de candidato a oficial
Data de fundación1717
Organización subsidiariacampus de Pontevedra
PremiosGarabata da Orde Civil de Afonso X o Sabio
EnMarín
PaísGalicia
42°23′41″N 8°42′19″O / 42.3946, -8.70535
Na rede
http://www.armada.mde.es/esp/EmpleoFormacion/Oficiales/OficialesBAIngresarVida.asp?SecAct=06419
BNE: XX173416 Dialnet: 3809972
editar datos en Wikidata ]
Entrada á Escola Naval Militar.
Vista en segundo plano da Escola Naval Militar.

A Escola Naval Militar é o centro de instrución para a futura oficialidade da Armada Española e atópase no concello pontevedrés de Marín, no seu núcleo urbano. Está adscrita á Universidade de Vigo.

Historia

Foi trasladada a Marín en xullo de 1943 dende San Fernando, e integrouse nas instalacións da Armada que xa existían no lugar, a canda o polígono de tiro naval e a Escola de Artillaría e Tiro Naval. A inauguración oficial tivo lugar o 15 de agosto (día da Asunción de María) de 1943 coa presenza do Xefe do Estado[1] Francisco Franco.

O seu director en 2011 é Marcial Gamboa Pérez-Pardo.

Características

O seu recinto ten unha superficie 241.000 m², sen contar a illa de Tambo que pertence a ela. O río Lameira circula soterrado por parte do recinto e desemboca no peirao da escola. O seu actual comandante director é José Luis Urcelay. As instalacións da Escola emprégaas non só a Armada Española, senón tamén patrulleiras tanto do servizo marítimo da Garda Civil, como do Servizo de Vixilancia Aduaneira e remolcadores de Salvamento Marítimo.

O himno da Escola coincide co himno da Armada Española.

A carreira militar

A carreira militar é cursada de maneira bastante similar ás licenciaturas e diplomaturas universitarias. En cinco cursos para a Escala Superior de Oficiais e tres para a Escala de Oficiais. Cursando nela aspirantes de todas as armas da Armada (Infantaría de Mariña, Enxeñeiros, Intendencia...) O alumno ou alumna é aspirante durante os dous primeiros anos, Gardamariña durante o terceiro e o cuarto e Alférez de Fragata Alumno ou Alférez Alumno (se é Infante) durante o quinto.

Na Escola impera un ambiente de disciplina típica militar con prácticas constantes no mar e no campo, dependendo da especialidade.

Datas importantes

Un dos días máis importantes na Escola Naval é o 16 de xullo, día da patroa da Armada e das xentes do mar, a Virxe do Carme, e tamén festa local en Marín. Ese día celébrase a entrega de reais despachos ós alumnos que finalizan os estudos, e as novas promocións xuran bandeira. Adoitan asistir ao acto os reis de España ou os príncipes, así como altos representantes do goberno estatal, autonómico e local. Con motivo destes actos o buque escola Juan Sebastián Elcano atraca no peirao da Escola Naval e navíos de guerra fondean na ría. Á noite realízase un baile de gala en honor dos alumnos.

Outra data importante é a celebración do baile do "ciento": con motivo da seu pronto embarque no buque escola Juan Sebastián Elcano os gardamariñas de segundo organizan un baile no casino de alumnos, ó que asisten tanto civís como militares de tódalas armas e varias nacións.

Buques

Os buques que teñen como base a Escola Naval son[2]:

  • Veleiros escola:
    • Arosa
    • Giralda
    • Sálvora
  • Lanchas de instrución:
    • Salas
    • Godínez
    • Rull
    • Lamadrid
    • Barrutia
    • Chereguini
  • Patrulleiros
    • Tabarca
    • Colimbo III (Servizo de Vixilancia Alfandegueira)

Repercusión

A Escola Naval de Marín e os aspirantes a oficiais foron protagonistas de varias películas, entre elas:

  • Botón de Ancla (1948), con Fernando Fernán Gómez coma un dos actores principais.
  • Botón de Ancla (1960), coa participación do Dúo Dinámico e Miguel Gila.
  • Los Caballeros del Botón de Ancla (1974).

Galería de imaxes

Notas

  1. "La Escuela Naval Militar de Marín". ABC. 17 de agosto de 1943. 
  2. "Lista oficial de buques da Armada". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2009. Consultado o 06 de xaneiro de 2009.