Estación de Guillarei
Guillarei | |
---|---|
Estación de Guillarei | |
Situación | Tui |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia, Intercity, Trenhotel |
Media distancia | Intercity, Rexional Exprés |
A estación de Guillarei é unha estación de tren de Adif situada na parroquia de Guillarei, no concello de Tui, provincia de Pontevedra. Conta con amplos servizos de longa e media distancia. Ademais ten unha función loxística.[1]
Situación ferroviaria
A estación de Guillarei está situada no punto quilométrico 140,5 da liña férrea de ancho convencional que une Monforte de Lemos con Redondela.[2] Trátase dun tramo de vía única electrificada.
Ademais, é o quilómetro cero da liña férrea de ancho convencional que une Guillarei coa localidade portuguesa de Valença do Minho, que é de vía única sen electrificar.[3]
Historia
A estación foi inaugurada o 17 de marzo de 1878 coa apertura do tramo Guillarei-Vigo da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos.[3] A compañía encargada das obras foi MZOV. O ramal á fronteira portuguesa, pola súa banda, quedou aberto ao tráfico o 1 de xaneiro de 1884. En 1928, os graves problemas económicos que sufrían as empresas que xestionaban as liñas férreas do oeste español levaron ao estado á nacionalización das mesmas e á súa agrupación na Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[3] En 1941, Oeste integraríase como o resto de compañías ferroviarias españolas en Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Servizos ferroviarios
Longa Distancia
Actualizados a 10 de xuño de 2016.
Media distancia
Actualizados a 10 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
Intercity | Madrid-Chamartín | <> | Vigo-Guixar | |
6 | Rexional Exprés | León Ponferrada Ourense-Empalme |
<> | Vigo-Guixar |
Galería de imaxes
-
Un Trenhotel de RENFE procedente de Barcelona con destino Vigo facendo unha parada comercial na estación de Guillarei.
-
Un tren de Media Distancia da RENFE entrando na estación de Guillarei procedente de Vigo, onde remata o seu percorrido para voltar logo a Vigo.
-
Un Trenhotel de RENFE procedente de Barcelona con destino Vigo facendo unha parada comercial na estación de Guillarei.
Notas
- ↑ Guillarei Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Adif
- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Medina del Campo a Zamora y Orense a Vigo - MZOV Arquivado 29 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Información da estación na web de Adif Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.