Estadio Tofiq Bahramov
Estadio Tofiq Bahrəmov | |
---|---|
![]() | |
Datos | |
Coordenadas | 40°23′50″N 49°51′09″L / 40.397333, 49.852417 |
Localización | ![]() |
Construción | |
Inauguración | 16 de setembro de 1951 |
Renovación | 2011-2012 |
Estadio | |
Superficie | Herba |
Dimensións | 104 × 66 |
Capacidade | 31.200 |
Propietario | AFFA |
Localía | FK Qarabağ |
Eventos | |
Xogos Europeos de 2015 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Estadio Tofiq Bahramov (en azerí: Tofiq Bəhramov adına Respublika Stadionu) é un estadio multisusos situado na cidade de Bacú, a capital de Azerbaidján. É un estadio deseñado para albergar moitos tipos de eventos diferentes, pero case só se utiliza para partidos de fútbol. Este estadio acolle os partidos como local do FK Qarabağ e anteriormente tamén da selección de fútbol de Azerbaidján, que posteriormente se mudou ao novo Estadio Nacional de Bacú. O estadio conta cunha capacidade de 31.200 espectadores.[Cómpre referencia]
Historia
O estadio foi construído no ano 1951 usando man de obra dos prisioneiros de guerra alemáns.[Cómpre referencia] Dende o ano 1993, o estadio leva o nome de Tofiq Bahramov, un árbitro azerí da época da URSS que se fixo famoso na final do Mundial de Fútbol Inglaterra 1966 no estadio de Wembley (na que foi o xuíz de liña) por conceder ao inglés Geoff Hurst o 3-2 no minuto 11 da prórroga ante Alemaña Federal.[Cómpre referencia]