Estado de Campeche
Campeche (es) | |||||
Himno | Himno Campechano (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | México | ||||
Contén a división administrativa | Calakmul Municipality (en) Calkiní (pt) Campeche Candelaria (pt) Carmen (en) Champotón Municipality (en) Hecelchakán Municipality (en) Hopelchén (pt) Município de Escárcega (pt) Palizada Municipality (en) Tenabo (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 928.363 (2020) (16,15 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Sierra Popoluca (en) Lingua chuj Lingua maia iucateca Lingua acateca | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 57.484,9 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1858 | ||||
Organización política | |||||
• Governor of Campeche (en) | Layda Sansores San Román (pt) | ||||
Órgano lexislativo | Congress of Campeche (en) Circunscrición: 21, (Escano: 35) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 24000−24999 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 982, 938, 996, 981, 913 e 983 | ||||
ISO 3166-2 | MX-CAM | ||||
Sitio web | campeche.gob.mx |
Campeche é un dos 31 estados mexicanos. Atópase no sueste da Federación, no oeste da península do Iucatán. Limita cos estados do Iucatán polo nordeste, Quintana Roo polo leste, Tabasco polo suroeste, e máis con Guatemala polo sur e Belize polo sueste. Polo oeste ten o golfo de México. A súa área é de 57.924 km²,[1] e a súa poboación de 822.441 habitantes (2010).[2] A capital do estado é a cidade de San Francisco de Campeche, sendo tamén a máis grande. Dende o punto de vista físico, Campeche atópase nunha posición de transición entre a selva tropical do Petén guatemalteco e a selva baixa caducifolia do extremo norte da península do Iucatán.
Toponimia
Existen diversas teorías acerca da orixe da palabra Campeche, por exemplo que podería vir do maia iucateca can pech, "cobra e carracha".[3]
Outros indican que Campeche deriva das palabras kin que significa "sol" e pech, como xa se indicou, "carracha". Algúns supoñen que a este nome (kin pech) se lle pode agregar o prefixo ah que quere dicir "lugar" e en conxunto significaría "lugar do señor sol carracha".[3]
Notas
- ↑ Cuentame INEGI (ed.). "Resumen". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2013. Consultado o 23 de agosto de 2012.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística y Geografía, ed. (2010). "Principales resultados por localidad 2010 (ITER) - Campeche". Arquivado dende o orixinal (XLS) o 22 de novembro de 2012. Consultado o 23 de agosto de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 Barrera Vázquez, Alfredo; et ál. (1980). Cordemex, ed. Diccionario Maya - Español - Maya.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |