Estatero de ouro exipcio
O estatero de ouro (lingua exipcia: nfr-nb –Nefer-nub–; "ouro fino") foi a primeira moeda cuñada no Antigo Exipto, arredor do ano 360 a. de C., durante o período do faraón Teos (361 ou 360 - a 359 ou 358 a. de C.), da XXX Dinastía.
Historia
Coa introdución do estatero de ouro, para o pagamento dos salarios aos mercenarios gregos que estaban ao seu servizo, Teos puxo a primeira pedra do seu propio circulante no Antigo Exipto. Posteriormente, tamén Nectanebo II (360-342 a. de C.) emitiu estateros de ouro ao seu nome.[1][2]
Reinado de Teos
- Estatero de peso equivalente ao do dárico persa (arredor de 8,42 gramos), cun bufo na esquerda, deseñado segundo o modelo ateniense, e un papiro na dereita.
- Estatero co peso dun tetradracma, cun bufo á esquerda e unha póla de oliveira na dereita no anverso e coa inscrición en demótico exipcio: "Teos ... Faraón", no reverso.[2][3]
Reinado de Nectanebo II
- Estatero co peso do dárico (arredor de 8,42 gramos). Anverso cun cabalo brioso na dereita e reverso con xeroglíficos: nfr-nb.[2][4][5][6]
- Estetero pequeno, cun peso de arredor de 2,56 gramos e un diámetro de 14 a 15 milímetros, coa probable representación dunha gacela saltando. Atribúeselle a Nectanebo II, aínda que tal atribución non está confirmada.
Notas
- ↑ Noel Mark Noël. (2019). Páxina 6.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Wetterstrom, K. K. (2014).
- ↑ Muhs, B. (2016). Páxina 191.
- ↑ "Greek coins, Egypt, Nectenebo II, Daric or Stater". En Icollector.com
- ↑ Seidel, M.; Schulz, R. (1998). Páxina 370.
- ↑ Faucher, T.; Fischer-Bossert, W.; Dhennin, S. (2012).
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Faucher, T.; Fischer-Bossert, W.; Dhennin, S. (2012). "Les monnaies en or aux types hiéroglyphiques nwb nfr". En Boulletin de l'institut Français d'Archéologie Orientale. Tomo 112. O Cairo. Páxinas 147-169.
- Gölitzer, E. (2004). Entstehung und Entwicklung des alexandrinischen Münzwesens von 30 v. Chr. bis zum Ende der julisch-claudischen Dynastie. Gruyter Akademie Forschung. Berlín. ISBN 978-3050040899
- Muhs, B. (2016). The Ancient Egyptian Economy. 3000 - 30 BCE. Cambridge University Press. ISBN 9781107113367
- Noel Mark Noël. (2019). Currencies and Cultures. The Impact of Culture on Economic Policies and the Foundations of Money. Cambridge Scholars Pub. ISBN 9781527526495
- Seidel, M.; Schulz, R. (1998). Egypt: The World of the Pharaohs. Könemann. Colonia. ISBN 9783895089138
- Wetterstrom, K. K. (2014). "The Coinage of Nektanebo II of Egypt (and other Pharaohs)". En Classical Numismatic Review. Vol. 39. Nº 1. Primavera. Classical Numismatic Group. Páxinas 4-5.