Estevo III, papa
- Nota: A numeración dos papas de nome Estevo é controvertida, ver Estevo, papa electo.
Estevo III, papa | |
---|---|
Nacemento | 720 |
Lugar de nacemento | Siracusa |
Falecemento | 24 de xaneiro de 772 |
Lugar de falecemento | Roma |
Soterrado | Basílica de San Pedro |
Nacionalidade | Estados Pontificios |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | sacerdote católico |
Período | entre o 768 e o 772 |
Coñecido por | ser o papa n° 94 da igrexa católica |
Organización | Igrexa católica |
Cargos | Bispo de Roma |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Estevo III (IV), nado en Siracusa e finado en Roma o 24 de xaneiro de 772, foi Papa do Igrexa católica do 768 ao 772.
Traxectoria
Cando o Papa Paulo I morre, desígnase como Papa un sacerdote romano chamado Filipe que renuncia ao día seguinte. Entón, o duque de Nepi provoca unha insurrección armada e proclama anticanonicamente como Papa o seu irmán, o laico que tomará o nome de Constantino II e que logo de ser derrotado é considerado pola Igrexa como Antipapa.
Estevo IV, que residía en Roma desde que deixou a súa cidade natal baixo o pontificado de Gregorio III, realizara varias funcións, cada vez máis importantes, polos sucesivos Santos Pais ata que, unha vez deposto a Antipapa Constantino, foi escollido Papa. Durante o seu pontificado destaca a celebración en 769 dun Concilio do Laterán no que, entre outras medidas, se estableceu que o Papa tería que ser escollido entre os cardeais, se condenou o Antipapa Constantino e se condenou a iconoclastia confirmando a práctica da devoción ás iconas.
Na política exterior produciuse a morte de Pipino o Breve o mesmo ano da súa elección como Papa de Roma, o cal provocou un afastamento da política dos seus antecesores, debido ao distanciamento aos reis francos e o achegamento aos longobardos, a raíz do matrimonio celebrado polo novo rei franco Carlomagno coa filla do rei longobardo Desiderio de Istria.
Véxase tamén
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |