Estreito do Tigre
Coordenadas: 16°38′S 11°46′L / -16.633, -11.767 Estreito do Tigre (en portugués: Estreito dos Tigres) é un estreito en Angola.[1] Atópase na provincia de Namibe.
Xeografía
Antigamente foi unha pequena península no seu lado oriental, co seu istmo ó sur e unha vila de pescadores chamada Tigres. O océano rompeu o istmo da península en 1962 e a liña de auga quedou cortada.[2] Tigres converteuse nunha illa durante a noite, illa dos Tigres, a illa máis grande de Angola.[3]
Actualmente, a maior parte da zona da antiga baía converteuse nun estreito entre a illa e o continente. Da baía orixinal ó norte só queda aberto un pequeno grao ó sur, o Saco dos Tigres.[4]
Notas
- ↑ "Baia dos Tigres". Mapcarta. Consultado o 10 octubre 2016.
- ↑ Foz do Cunene to Lobito - Fishing Spots and Beaches in Angola South
- ↑ "Ilha dos Tigres". Mapcarta. Consultado o 10 de outubro de 2016.
- ↑ "Saco dos Tigres". Mapcarta. Consultado o 14 de outubro de 2016.
Véxase tamén
Outros artigos
- Xeografía de Angola