Etnobioloxía
A etnolobioloxía é unha disciplina da antropoloxía que estuda as relacións culturais entre os seres humanos e o resto dos seres vivos e tamén cos ecosistemas no seu conxunto. O termo etnobioloxía é recente, do século XX, anteriormente tratábase dentro da antropoloxía biolóxica.
Divídese en diferentes ramas:
- Etnobotánica
- Etnomicoloxía
- Etnozooloxía
- Etnofarmacoloxía
- Etnoecoloxía
- Paleoetnobotánica
- Arqueozooloxía