Evaristo, papa
Nome orixinal | (la) Evaristus PP. |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (la) Evaristus século I Antioquía do Orontes |
Morte | 105 Roma |
Lugar de sepultura | Necrópole vaticana |
5º Papa | |
década de 90 – 105 ← Clemente I – Alexandre I → | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo e Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | sacerdote católico |
Período de tempo | Imperio Romano |
Lingua | Lingua grega moderna |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 27 de outubro |
Símbolo iconográfico | Papal symbols (en) e hábito religioso (pt) |
Cronoloxía | |
1969 | supresión do culto Causado por: Concilio Vaticano Segundo |
Evaristo foi o quinto Papa, entre os anos 99 e 107 (ata o 108 conforme o Anuario pontificio).
Pouco ou nada se sabe de santo Evaristo, agás que foi bispo de Roma despois de Clemente I. Esta escaseza de datos chega ás fontes máis antigas. O Liber pontificalis di que proviña dunha familia grega, se ben outras fontes din que era fillo dun xudeu cristián de Belén emigrado en Antioquía. Elixido nos tempos de Domiciano, estivo no cargo ata ben entrado o imperio de Traxano. Atribúeselle a el a creación do colexio de cardeais que escollen o vindeiro papa, así como a loita contra a herexía dos docetas.
Como todos os bispos de Roma anteriores ao edicto de Milán foi considerado santo (a súa festa celébrase o 26 de outubro), e sinálase que a súa morte foi debida ao martirio, aínda que iso non está debidamente probado.
Parroquias galegas
Non hai ningunha parroquia en Galicia baixo a avogación de Santo Evaristo.
Véxase tamén
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |