Extintor

Un extintor.

Un extintor[1] é un equipamento de protección contra incendios que se emprega para extinguir ou controlar lumes pequenos en situacións de emerxencia. Non está deseñado para sufocar lumes descontrolados nos que haxa risco para o usuario.

Os extintores máis estendidos consisten nun recipiente cilíndrico de aceiro que contén un axente extintor a presión (auga, escuma, bicarbonato de sodio...). Cando se abre unha válvula, o axente sae por un tubo que se ten que dirixir cara a base do lume para apagalo. Xeralmente contan cun dispositivo que prevén a súa activación accidental, que debe ser desactivado antes de emprega-lo extintor.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para extintor.

Véxase tamén

Outros artigos