Fábrica Hispano
Fábrica Hispano | |
---|---|
FH de 1957 | |
Fundación | 1956 - 1960 |
Localización | Barcelona España |
Industria | Transporte |
Produtos | Automóbil |
[ editar datos en Wikidata ] |
Fábrica Hispano (FH) foi un fabricante español de automóbiles con sede en Barcelona de 1956 ata 1960.
Historia da compañía
A empresa Fábrica Hispano, localizada en Barcelona, empezou a partir dos restos da antiga Hispano-Suiza trala súa nacionalización e integración en ENASA.[1] Comezou en 1956 coa produción de automóbiles. En 1960, a produción detívose logo duns 400 exemplares producidos.
Modelos
Tan só produciron micro coches. Utilizaban motores monocilíndricos de 197 cm³ de desprazamento que daban unha potencia de 9 cv, de procedencia Hispano Villiers, nos modelos F2 e F4; ou motores Rovena de dous cilindros con 324 cm³ de cilindrada e un total de 15 cv que equipaban os modelos F5. Fabricouse en versión camioneta de dúas portas, catro prazas praia e furgoneta.
Notas
- ↑ "HISPANO SUIZA (1904 - 1946)" (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2014.
Véxase tamén
Bibliografía
- Walter Zeichner: Kleinwagen International, Motorbuch-Verlag, Stuttgart 1999, ISBN 3-613-01959-0 (en alemán)