Félag

DR 270 en Escania, Suecia, unha das moitas pedras rúnicas que se erixiron para un félagi.

Félag (antigo nórdico n. sociedade, camaradería)[1] era unha iniciativa comercial e financeira conxunta no espectro social da era viquinga.[2][3]

Etimoloxía

O termo félag é un composto das verbas fe (gando, riqueza) e unha forma verbal que denota compromiso, estar ou ficar,[4] o significado máis axeitado sería "manter a propiedade en común".[5]

A palabra en antigo nórdico félagi "compañeiro" orixinalmente significaba "aquel que ten félag con outro" que derivou como resultado na moderna palabra inglesa fellow do inglés antigo feolaga, ma danesa fælle do danés antigo felge, e na norueguesa felle. A expresión inglesa fellowship deriva do nórdico antigo félag e sumando o sufixo -ship como condición de "estar en", cognitivo en islandés félagskap. A palabra tamén existe noutras linguas nórdicas: en noruegués fellesskap e danés fællesskab.[4]

Notas

  1. "Diccionario de Islandés Antiguo, Zoëga". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2008. Consultado o 09 de febreiro de 2013. 
  2. [Ordbog over det Gamle Norske Sprog, Fritzner, Johan (1867) Feilberg & Landmark. p. 139.
  3. Jesch, Judith (2001). Ships and Men in the Late Viking Age: The Vocabulary of Runic Inscriptions and Skaldic Verse. Woodbridge: Boydell Press. pp. 232–235. ISBN 978-0-85115-826-6. 
  4. 4,0 4,1 "Etymology of the word fellow at Etymonline". Consultado o 6 de setembro de 2010. 
  5. Falk, Hjalmar and Torp, Alf (1992) Etyomologisk Ordbog over det Danske og det Norske Sprog, entrada para fællig, fælles e fælle. Bjørn Ringstrøms Antikvariat. ISBN 82-90520-16-6