Fútbol australiano

Partido de fútbol australiano.
Fútbol Australiano Feminino
Balón oficial

O fútbol australiano é unha combinación de fútbol gaélico e rugby [Cómpre referencia]. Xógase cunha pelota ovalada, nun gran campo tamén ovalado. É o deporte nacional de Australia.

Regras

En cada equipo xogan 18 xogadores. Hai catro postes en cada extremo do campo, dous na liña de meta, separados por unha distancia de 6,4 metros, e outros dous exteriores 6,4 metros máis atrás.

Os goles (6 puntos) conséguense facendo pasar a pelota limpamente entre os postes da portería. Os tantos traseiros (1 punto) obtéñense facendo pasar a pelota entre un poste de gol e un traseiro.

As principais técnicas son patear e tomar a pelota coas mans. Os xogadores poden golpear a pelota, pero non pasala. Un xogador pode correr coa pelota na man sempre que a bote no chan polo menos unha vez cada 10 metros. Un xogador tamén pode ser placado e se o xogador placado non lle dá a pelota ao equipo contrario antes de 5 segundos, o equipo do placador ten un penalti a favor. Polo demais, hai moi poucas regras.

Campionato Mundial

O campionato mundial comprende 12 seleccións nacionais, e dispútase desde 2002. As nacións participantes son:

Licenzas

  • Australia: 539.526 persoas.
  • Resto do Mundo: 30.000 persoas.

Véxase tamén

Ligazóns externas