Familia (socioloxía)

Retrato de familia dos Jaso: Enrique Jaso Paz (sentado no chan); Josefa Martínez San Juan (sentada na cadeira); a filla máis vella, Evangelina Jaso González, con cabeleira; o rapaz, Enrique Jaso González (ambos os dous son o froito do primeiro matrimonio do pai); outra nena máis nova, Josefita (no chan, acariñando ao can); e Loliña, no colo da nai.

Unha familia é unha unidade social formada por un conxunto de individuos vinculados por relacións de matrimonio, parentesco ou afinidade, que conviven e organizan colectivamente a vida cotiá ou parte dela.[1]

Non hai consenso sobre unha definición universal da familia. É un concepto antropolóxico inferior ao clan, a tribo e a nación; sociolóxico e incluso económico (unidade mínima de empresa). A familia nuclear é o modelo principal de familia e a estrutura máis difundida na actualidade; porén, as formas de vida familiar son moi diversas, dependendo de factores sociais, culturais, económicos e afectivos. A familia, como calquera institución social, tende a adaptarse ao contexto dunha sociedade.[2] Constitúe a base do orde social.[3]

Os lazos principais que definen unha familia son de dous tipos: vínculos de afinidade derivados do establecemento dun vínculo recoñecido socialmente, como o matrimonio[n. 1] —que, nalgunhas sociedades, só permite a unión entre dúas persoas mentres que noutras é posible a poligamia—, e vínculos de consanguinidade, como a filiación entre pais e fillos ou os lazos que se establecen entre os irmáns que descenden dun mesmo pai. Tamén pode diferenciarse a familia segundo o grao de parentesco entre os seus membros.

Segundo a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a familia é o elemento natural, universal e fundamental da sociedade e ten dereito á protección da sociedade e do Estado.

O Día Internacional das Familias, celebrado o 15 de maio, foi instituído pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de setembro de 1993. Acordouse celebrar no ano 1994 o Ano Internacional da Familia e concretar no día 15 de maio de tódolos anos os actos conmemorativos, que se comezaron a convocar en todo o mundo a partir dese ano 1994.[4] O obxectivo proposto é poñer de manifesto a importancia que a comunidade internacional debe conferir á familia como unidade básica da sociedade e motor do desenvolvemento económico e social, o que comporta tomar en consideración tódolos problemas que poidan afectar á situación das familias no mundo e promove-la adopción das medidas adecuadas para resolver eses problemas, incluíndo a necesidade de que os gobernos teñan en consideración as necesidades familiares á hora de establecer prioridades nas decisións políticas que adopten.

O campo da xenealoxía ten como obxectivo rastrexar as liñaxes familiares ao longo da historia. A familia é tamén unha importante unidade económica estudada en economía familiar. A palabra «familias» pode utilizarse metaforicamente para crear categorías máis inclusivas como comunidade, nación e aldea global.

Etimoloxía

O termo familia procede do latín famīlia ("patrimonio doméstico"), "grupo de servos e escravos patrimonio do xefe da gens", á súa vez derivado de famŭlus,[5] "servo, escravo", que á súa vez deriva do osco famel. O termo abriu o seu campo semántico para incluír tamén á esposa e fillos do pater familias, a quen legalmente pertencían, ata que acabou substituíndo a gens. Tradicionalmente vinculouse a palabra famŭlus, e os seus termos asociados, á raíz fames («fame»), de forma que a voz se refire, ao conxunto de persoas que se alimentan xuntas na mesma casa e aos que un pater familias ten a obrigación de alimentar.[6]

Orixe

Familia das Sulawesi

A familia supón por unha banda unha alianza, o matrimonio, e polo outro unha filiación, os fillos.[7]

Segundo expón Claude Lévi-Strauss, a familia ten a súa orixe no establecemento dunha alianza entre dous ou máis grupos de descendencia a través do enlace matrimonial entre dous dos seus membros. Dentro desta visión, historicamente unha das principais funcións da familia foi regular a procreación[8][9] A familia está constituída polos parentes, é dicir, aquelas persoas que por cuestións de consanguinidade, afinidade, adopción ou outras razóns diversas, sexan acollidas como membros desa colectividade. Para os meniños a familia adoita ser a referencia primeira na súa socialización e integración cultural[10]. Ademais a orde social establece unha rede de prohibicións e privilexios sexuais ligados á familia e unha cantidade variable e diversificada de lazos psicoafectivos como amor, afecto, respecto, temor etc.

En oposición a este enfoque, Radhika Coomaraswamy defenden que "non se debería definir a familia mediante unha construción formalista, nuclear, a de marido, muller e fillos. A familia é o lugar onde as persoas aprenden a coidar e a seren coidadas, a confiar e a que se confíe nelas, a nutrir a outras persoas e a nutrirse nelas".

As familias adoitan estar constituídas por uns poucos membros que adoitan compartir a mesma residencia. Dependendo da natureza das relacións de parentesco entre os seus membros, unha familia pode ser catalogada como familia nuclear ou familia extensa. O nacemento dunha familia xeralmente ocorre como resultado da fractura dunha anterior ou da unión de membros procedentes de dúas ou máis familias por medio do establecemento de alianzas matrimoniais ou por outro tipo de acordos sancionados polo costume ou pola lei.

A integración dos membros da familia, como no caso dos grupos de parentesco máis amplos como as liñaxes, realízase a través de mecanismos de reprodución sexual ou de recrutamento de novos membros. Se se considerase que a familia debe reproducirse bioloxicamente, non poderían conceptualizarse como «familias» aqueles grupos onde Ego [11] ou o seu consorte (ou ambos os) están incapacitados de reproducirse bioloxicamente.

A familia de Carlos IV de España (1800-1801) por Francisco de Goya (Museo do Prado, España).

Nestes casos, a función reprodutiva trasládase aos mecanismos de recrutamento socialmente aceptables —como a adopción—. O recrutamento de novos membros dunha familia garante a súa transcendencia

A familia en Occidente debilitouse conforme se fortalecen as institucións especializadas na educación dos nenos máis pequenos. Isto foi motivado, entre outras cousas, pola necesidade de incorporación de ambos os proxenitores no campo laboral, o que leva nalgunhas ocasións a delegar esta función en espazos como as gardarías, o sistema de educación preescolar e, finalmente, na escola. Con todo, este fenómeno non se observa en todas as sociedades; existen aquelas onde a familia segue sendo o núcleo formativo por excelencia.

Por outra banda, a mera consanguinidade non garante o establecemento automático dos lazos solidarios cos que se adoita caracterizar ás familias. Se os lazos familiares fosen equivalentes aos lazos consanguíneos, un neno adoptado nunca podería establecer unha relación cordial cos seus pais adoptivos, posto que os seus "instintos familiares" levaríanlle a rexeitalos e a buscar a protección dos pais biolóxicos. Os lazos familiares, por tanto, son resultado dun proceso de interacción entre unha persoa e a súa familia (o que queira que cada sociedade defina por familia: familia nuclear ou extensa; familia monoparental ou adoptiva, etc.). Neste proceso dilúese un fenómeno puramente biolóxico: é tamén e, sobre todo, unha construción cultural, na medida en que cada sociedade define de acordo coas súas necesidades e a súa visión do mundo o que constitúe unha «familia».[12]

Status

Detalle dun medallón de vidro dourado co retrato dunha familia, procedente de Alexandría (Exipto romano), séculos III-IV (Brescia, Museo di Santa Giulia)[13]

Unha das funcións primordiais da familia consiste en proporcionar un marco para a produción e reprodución de persoas biolóxica e socialmente. Isto pode ocorrer mediante o intercambio de sustancias materiais (como os alimentos); a prestación e recepción de coidados e crianza (parentesco de crianza); dereitos e obrigacións xurídicos; e tamén vínculos morais e sentimentais.[14][15] Así pois, a experiencia que un ten da súa familia cambia co tempo.

Existen diferentes perspectivas do termo «familia», desde o punto de vista dos nenos, a familia é unha «familia de orientación»: a familia serve para situar socialmente aos nenos e desempeña un papel fundamental na súa endoculturación e socialización.[16] Desde o punto de vista dos proxenitores, a familia é unha «familia de procreación», cuxo obxectivo é producir, endoculturar e socializar aos fillos.[17] Con todo, producir fillos non é a única función da familia; nas sociedades con división sexual do traballo, o matrimonio e a conseguinte relación entre dúas persoas, é necesario para a formación dun fogar economicamente produtivo.[18][19][20]

C. C. Harris sinala que a concepción occidental da familia é ambigua e confúndese co fogar, como revelan os distintos contextos nos que se emprega a palabra.[n. 2] Olivia Harris afirma que esta confusión non é accidental, senón indicativa da ideoloxía familiar dos países capitalistas, occidentais que aproban unha lexislación social que insiste en que os membros dunha familia nuclear deben vivir xuntos, e que os que non están tan emparentados non deben vivir xuntos. A pesar das presións ideolóxicas e legais, unha gran porcentaxe de familias non se axusta ao tipo de familia nuclear ideal.[21]

Tamaño

Irmáns menonitas, Montana, Estados Unidos, 1937

A taxa global de fecundidade das mulleres varía dun país a outro, desde unha taxa alta de 6,76 nenos nados por muller en Níxer até unha taxa baixa de 0,81 en Singapur (en 2015).[22] A fertilidade está por debaixo do nivel de substitución en todos os países de Europa do Leste e do Sur, e particularmente alta nos países da África subsahariana.[22]

Nalgunhas culturas, a preferencia da nai polo tamaño da familia inflúe na dos fillos até a idade adulta temperá.[23] O número de fillos dun proxenitor está estreitamente relacionado co número de fillos que acabarán tendo os seus fillos.[24]

Características

Familia composta por dous homes

Segundo defende a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, "a familia é o elemento natural e fundamental da sociedade e ten dereito á protección da sociedade e do Estado". Na maioría dos países a familia goza de personalidade xurídica e crea entre os seus membros obrigas e dereitos de carácter social e material.

Os lazos principais que definen unha familia son de dous tipos: vencellos de afinidade, derivados do establecemento dunha relación sentimental recoñecida socialmente como o matrimonio ou unha unión de feito entre dúas ou máis persoas, e vencellos de consanguinidade, como a filiación entre pais e fillos ou os lazos de que se establecen entre os irmáns que descenden do mesmo pai ou da mesma nai. Tamén pódese diferenciar a familia segundo o grao de parentesco entre os seus membros.

Primeiras investigacións

Desde o punto de vista da «filosofía social», a orixe da familia é tan antigo como o da humanidade. Xa aparecía en moitas civilizacións avanzadas mediante a estrutura da monogamia na que o pai e a nai, en mutua colaboración, tiñan a autoridade pola que se rexía a familia.[25] A mediados do século XIX apareceron unha serie de correntes con argumentos histórico-sociolóxicos que querían desterrar a forma de familia antes indicada. Unha foi a postura do «dereito maternal», que fixa o parentesco xurídico por vía materna e, con todo, deriva en modelos familiares que pasan do patriarcado ao matriarcado até chegar ao amor libre. A segunda está baseada no «parentesco clasificatorio» que desenvolveu L. H. Morgan, ao que os prexuízos evolucionistas que tiña levaronno a desenvolver a evolución familiar segundo un esquema que ía desde a promiscuidade, pasando pola familia cosanguínea, matriarcado, matriarcado por grupos, patriarcado poligámico até chegar á familia monogámica.[26] E, por último, a «lei de contracción familiar» de E. Durkheim, para o que o máis importante é o «clan» e desenvólvese empezando por unha familia débil, daquela unha familia co matrimonio como institución xurídica e, por fin, a familia actual que queda reducida o cónxuxe e fillos menores.[27]

Pouco despois foron rexeitadas estas tres exposicións sobre a familia xa que estaban cheas de ideas preconcibidas pois era patente que a familia monogámica era a máis xeneralizada nos diferentes pobos e épocas[28][29] como se confirmou desde os pobos de culturas primitivas como os fueguinos, pigmeos, bosquimanos, etc, que todos coincidiron na «elección» da familia monógama para vivir, con igualdade entre mulleres e homes, reprobación do adulterio, coidado dos fillos e, sobre todo, con completa liberdade para vivir nese tipo de familia.[30] Con estas e outras afirmacións similares admitidas en anos posteriores, a ciencia social actual afirma que a orixe da familia que xa aparecía no libro da Xénese;1-26 e ss; 2-18 e ss e posteriormente modificáronse os caracteres deste tipo de familia en certas ocasións.[31]

Tipos de familias

As familias poden estar clasificadas nos seguintes tipos:

  • Familia nuclear: formada polos proxenitores e un ou máis fillos.
  • Familia extensa: avós, tíos, curmáns e outros parentes consanguíneos ou afíns.
  • Familia monoparental: en que o fillo ou fillos contan cun só proxenitor.
  • Familia ensamblada, reconstituída o mixta: en que un ou ambos os membros da parella teñen un ou varios fillos de unións anteriores.
  • Familia homoparental: aquela onde unha parella de homes ou de mulleres se converten en proxenitores.
  • Familia de pais separados: en que o fillo ou fillos conviven cun só proxenitor, xa que os proxenitores se negan a vivir xuntos; non son parella mais deben seguir cumprindo o seu rol de pais ou nais antes a súa descendencia, por moi afastada que esta estea.
  • Familia sen fillos por escolla: en que os membros da familia toman a decisión de non teren descendentes.
  • Familia por convenio: Familia que se conforma por unha alianza de diñeiro ou por convenio.

Crítica

Algúns científicos sociais defenderon a abolición da familia. Un opoñente inicial da familia era Sócrates, cunha posición que foi esbozada por Platón na República.[32] No Libro 5 desta obra Sócrates dille aos seus interlocutores que unha cidade xusta é aquela en que os cidadáns non teñen lazos familiares.[33][34]

Ao ser a familia unha institución moi arraigada e venerada, poucos intelectuais se aventuraron a falar contra ela. O familiarismo foi atipicamente definido como unha "estrutura social onde... os valores dunha familia se levan a cabo en máis alta estima que os valores dos membros individuais da familia."[35] O favoritismo ou preferencia que teñen funcionarios públicos para dar empregos a familiares ou amigos, sen importar o mérito para ocuparen o cargo, senón a súa lealdade ou alianza chámase nepotismo.[36]

A filósofa individualista ruso-estadounidense Ayn Rand comparou a parcialidade cara á consanguinidade co racismo, como unha manifestación de pequena escala deste último.[37] "A adoración da familia é simplemente racismo, como unha cruamente primitiva primeira base para a adoración da tribo. Coloca o accidente do nacemento por riba dos valores dunha persoa e o deber á tribo sobre o dereito dunha persoa á súa propia vida".[38] Ademais, manifestouse a favor dun childfree lifestyle ("estilo de vida sen fillos"), seguíndoo ela mesma.[37]

O xornalista estadounidense Marty Nemko considera que a familia está sobrevalorada. "Os políticos, clérigos, e só xente sinxela enxalzan a familia como a institución máis importante. / Creo que a familia está sobrevalorada. Moitas persoas sofren excesivamente dende a familia... / Millóns de persoas nin sequera falan cun membro da familia. Millóns máis gastan anos e fortunas en terapeutas, tratando de desfacer os males que a familia perpetrou neles. / Todo isto non debería sorprender. Despois de todo, a diferenza de cos amigos, somos postos na nosa familia de orixe de forma aleatoria, sen voz no asunto".[39]

Notas

  1. Kathleen Gough dixo que o matrimonio non é unha institución universal: entre os naiar da India, unha muller non ten un esposo fixo: A súa nai ten múltiples compañeiros sexuais, aínda que só un deles teña recoñecemento como compañeiro exclusivo dunha muller. O home nunca vivía permanentemente coa muller, posto que pasaba a súa vida en casa das mulleres da súa liñaxe; por outra banda, o lazo entre unha muller e un home podía ser roto coa negativa da muller a recibir na súa casa ao home. Pola súa banda, o compañeiro recoñecido dunha muller debía asumir a paternidade dos fillos desta, aínda cando fóra de dominio público que o xenitor —o pai biolóxico, segundo a terminoloxía utilizada en Occidente— fose outro home" (Gough, 1974).
  2. "Vimos que as persoas poden referirse aos seus parentes como «a familia». Toda a familia acudiu ao funeral... Pero, por suposto, o meu irmán non trouxo á súa familia, son demasiado novos». Aquí a referencia é á descendencia (a diferenza de «toda» a familia). Os veciños tamén eran moi bos. Viñeron os Jones e os seus dous fillos. Estivo ben que viñese toda a familia». Aquí o uso é máis restrinxido que 'os parentes' ou 'os seus parentes', pero inclúe só aos pais e aos fillos. Por suposto, os nenos iranse pronto de casa. Sempre é triste ver que a familia rompe así». Aquí a referencia non é só a pais e fillos, senón á súa convivencia, é dicir, ao fogar». The Family and Industrial Society", 1983, George Allen Unwin, London, p. 30
Referencías
  1. Dicionario de galego Arquivado 28 de outubro de 2008 en Wayback Machine. editorial Ir Indo.
  2. Valdivia Sánchez, Carmen (2008). "La familia: concepto, cambios y nuevos modelos" (PDF). La Revue du REDIF, vol. 1 pp. 15-22 (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de outubro de 2015. Consultado o 03 de xuño de 2018. 
  3. Brown, Roy I.; Brown, Ivan (2014). "Family Quality of Life". Encyclopedia of Quality of Life and Well-Being Research. Dordrecht: Springer Netherlands. pp. 2194–2201. ISBN 978-94-007-0752-8. doi:10.1007/978-94-007-0753-5_1006. A familia é recoñecida nas culturas de todo o mundo e ao longo da historia como unha unidade fundamental da orde social. 
  4. "30 años del Año Internacional de la Familia". un.org (en castelán). Consultado o 2022-11-22. 
  5. Ulises Fuente. "“Familia” significa esclavitud: el curioso origen de la palabra". La razón. 
  6. Gramatica historica del castellano (ed.). "Etimologías familiares". Etimología de «familia». 
  7. Lévi-Strauss, Claude (1977). Antropología estructural. Buenos Aires, Editorial Universitaria de Buenos Aires, Eudeba. 
  8. Schneider, David (1984). A Critique of the Study of Kinship. Ann Arbor: University of Michigan Press, p. 182
  9. Deleuze-Guattari (1972). Part 2, ch. 3, p. 80
  10. John Russon (2003). Human Experience: Philosophy, Neurosis, and the Elements of Everyday Life, Albany: State University of New York Press, pp. 61-68.
  11. Ego no sentido antropolóxico do termo, que é o termo co que se identifica á persoa ao redor da cal se definen as relacións de parentesco nun estudo xenealóxico.
  12. Arranz, E. y col. (2004). Familia y desarrollo psicológico. Madrid, España: Editorial Pearson, Prentice Hall.
  13. Jás Elsner (2007). "The Changing Nature of Roman Art and the Art Historical Problem of Style," in Eva R. Hoffman (ed), Late Antique and Medieval Art of the Medieval World, 11–18. Oxford, Malden & Carlton: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-2071-5, p. 17, Figure 1.3 on p. 18.
  14. Schneider, David 1984 A Critique of the Study of Kinship. Ann Arbor: University of Michigan Press. p. 182
  15. Deleuze-Guattari (1972). Part 2, ch. 3, p. 80
  16. Russon, John, (2003) Human Experience: Philosophy, Neurosis, and the Elements of Everyday Life, Albany: State University of New York Press. pp. 61–68.
  17. George Peter Murdoch Social Structure p. 13
  18. Wolf, Eric. 1982 Europe and the People Without History. Berkeley: University of California Press. 92
  19. Harner, Michael 1975 "Scarcity, the Factors of Production, and Social Evolution," in Population, Ecology, and Social Evolution, Steven Polgar, ed. Mouton Publishers: The Hague.
  20. Rivière, Peter 1987 "Of Women, Men, and Manioc", Etnologiska Studier (38).
  21. Harris, Olivia. Young, Kate; Wolkowitz, Carol; McCullagh, Roslyn, eds. Of Marriage and the Market: Women's Subordination Internationally and its Lessons. Londres: Routeledge. p. 138. 
  22. 22,0 22,1 "The World Factbook – Central Intelligence Agency". Cia.gov. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro 2009. Consultado o 16 de xaneiro do 2025. 
  23. Axinn, William G.; Clarkberg, Marin E.; Thornton, Arland (1994). "Family Influences on Family Size Preferences". Demography 31 (1). pp. 65–79. ISSN 0070-3370. JSTOR 2061908. PMID 8005343. doi:10.2307/2061908. 
  24. Murphy, Michael (2013). "Cross-National Patterns of Intergenerational Continuities in Childbearing in Developed Countries". Biodemography and Social Biology 59 (2). pp. 101–126. ISSN 1948-5565. PMC 4160295. PMID 24215254. doi:10.1080/19485565.2013.833779. 
  25. Gemelli, Agostino (1921). L'origine della famiglia : critica della dottrina evoluzionista del socialismo ed esposizione dei risultati delle ricerche compiute secondo il metodo psicologico-storico. Milán. Consultado o 16 de xaneiro do 2025. 
  26. Morgan, Lewis J. (1887). Ancient Society. Londres. Consultado o 16 de xaneiro do 2025. 
  27. Durkheim, E (1892;). La famille conjugale. París: Les Éditions de Minuit. Consultado o 16 de xaneiro do 2025. 
  28. Westermarck, Edward (1891). The History of Human Marriage. London: Macmillan and Co. Consultado o 16 de xaneiro do 2025. 
  29. Westermarck, Edward (1936). El futuro del matrimonio en la civilización occidental. Genesis Publishing Pvt Ltd. ISBN 0836953045. Consultado o 16 de xaneiro do 2025. 
  30. Schmidt, Koppers,, W; K. (1926). Völker und Kulturen. vol. 69 (124), N ° 1/2 (enero-febrero 1926), pp. 152-157: Lucio y Lucius Verlagsgesellschaft mbH. Consultado o 16 de xaneiro do 2025. 
  31. Tusquets i Terrats, Joan (1958). Revisión de la pedagogía familiar. Madrid: Instituto San José de Calasanz. Consultado o 16 de xaneiro do 2025. 
  32. "Abolition of the Family for the Guardians and the Use of War (457b-471c)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de maio de 2018. Consultado o 03 de xuño de 2018. 
  33. SparkNotes: The Republic: Book V
  34. LitCharts | The Republic: Book 5 Summary, Analysis & Themes
  35. "Your Dictionary (the Dictionary You Can Understand)". Dictionary definitions. familialism.
  36. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nepotismo.
  37. 37,0 37,1 Heller, Anne C. (2009). Ayn Rand and the World She Made. Nova York: Doubleday. pp. 320–321. ISBN 978-0-385-51399-9. OCLC 2290274371.  Afirmado nunha das conferencias que deu Ayn Rand.
  38. Afirmado nunha das conferencias públicas que deu Ayn Rand.
  39. Nemko, Marty. "Family is Overrated. 12 de setembro de 2008

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bel Bravo, María Antonia (2000). La familia en la historia. Encuentro. ISBN 9788474905700. 
  • Becker, Gary S. (2009). A Treatise on the Family. Harvard University Press. ISBN 9780674020665. 
  • Calò, Emanuele (2009). Matrimonio à la carte: Matrimoni, convivenze registrate e divorzi dopo l'intervento comunitario. Milán: Giuffrè. 
  • Carta de los derechos de la familia. Santa Sede. 1983. 
  • Declaración de Ámsterdam. V Congreso Mundial de Familias. 12 de agosto de 2009. 
  • Del Fresno García, Miguel (2011). Retos para la intervención social con las familias en el siglo XXI. Trotta. ISBN 978-84-9879-184-6. 
  • Del Fresno García, Miguel (2011). Familia y crisis del matrimonio en España. Poznań: Studia Europaea Gnesnensia. Instytut Kultury Europejskiej. Uniwersytet im Adama Mickiewicza. ISSN 1233-8672. 
  • Del Fresno García, Miguel (2013). Trabajo social con familias los estilos familiares como indicadores de riesgo. Una investigación etnográfica. Portularia. Revista de Trabajo Social. ISSN 1578-0236. 
  • Estrada, L. (2003). El ciclo vital de la familia. México: Grijalbo. 
  • Gough, K.; Lévi-Strauss, C.; Spiro, M. E. (1974). "Los nayar y la definición del matrimonio. El origen de la familia". Polémica sobre el origen y la universalidad de la familia. Barcelona: Anagrama. 
  • Instituto Juan Pablo II para la Familia (2002). Memorias del 3er Congreso Nacional de la Familia. México: Ediciones Castillo. 
  • Lucas, R. (1999). El hombre, espíritu encarnado. Ediciones Sígueme. 
  • Martín López, Enrique (2000). Familia y sociedad. Ediciones Rialp. ISBN 9788432132797. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2013. Consultado o 03 de xuño de 2018. 
  • Organización Mundial de la Familia (1988). Vuelve la Familia. Congreso Internacional de la Familia. Encuentro. ISBN 9788474902105. 
  • Papalia, D. (2004). Desarrollo humano. México: Mc Graw Hill. 
  • Ramírez, Aline. Tesis: La comunicación interpersonal como un elemento de funcionalidad en el noviazgo. México: Instituto Superior de Estudios para la Familia. 
  • Sgreccia, E. (1996). Manual de bioética. México: Diana. 
  • Vázquez de Prada, Mercedes (2008). Historia de la familia contemporánea. Rialp. ISBN 9788432137075. 
  • Wojtyla, K. (1969). Amor y responsabilidad. Madrid: Razón y Fe.