Familienzentrum

O Centro familiar (en alemán: Familienzentrum, "Centro Familiar") é unha institución social e de formación alemá que oferta orientación e asesoramento en proxectos de formación e integración para familias alemás e non-alemás centrados no parto, educación e crianza dos fillos.

O Familienzentrum é unha asociación de utilidade pública presente en máis de dezaseis rexións do país con orixe católica e laica, financiada por organismos a nivel local, do estado federado ou obispados.[1]

Os centros non teñen capacidade de asistencia sanitaria profesional pero si social, de divulgación pública, coidado ou mediación de conflito.

Funcións

O termo "Centro familiar" fai referencia a súa función como rede de centros de coidado diúrno que pon o seu foco no apoio aos nenos e ao asesoramento das familias e das persoas ao seu coidado.

Forman parte do plan de planificación municipal de benestar infantil e xuvenil do "Kindertagesstätte"[2]. Este movemento asociativo traballa creando espazos educativos e experiencias que se basen en contextos cotiás e de veciñanza. A oferta está orientada en cada caso ás necesidades específicas de cada localidade. Supoñendo unha atención especializada, por exemplo, á comunidade internacional, ofertando palestras para estranxeiros en inglés ou linguas diferentes ao alemán.[3]

Notas

  1. "Familienzentrum" Arquivado 09 de decembro de 2018 en Wayback Machine.(en castelán)
  2. "Familienzentrum" Arquivado 10 de maio de 2018 en Wayback Machine.(en alemán)
  3. "Familienzentrum" Arquivado 09 de decembro de 2018 en Wayback Machine.(en castelán)