Fantasia 2000

Fantasía 2000
Ficha técnica
Título orixinalFantasia 2000
DirectorEric Goldberg
James Algar
Gaëtan Brizzi
Paul Brizzi
Hendel Butoy
Francis Glebas
Pixote Hunt
Don Hahn
ProdutorRoy E. Disney
Donald W. Ernst
Guiónver embaixo
IntérpretesJames Levine
Chicago Symphony Orchestra
ver embaixo
MúsicaKathleen Bennett
Mark Green
Adam Kay
Jennifer Nash
FotografíaTim Suhrstedt
MontaxeJessica Ambinder-Rojas
Lois Freeman-Fox
Julia Gray
Craig Paulsen
Gregory Plotts
EstudioWalt Disney Feature Animation
Richard Purdum Productions
DistribuidoraWalt Disney Pictures
Buena Vista Distribution
Estrea1999
Duración75 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroMusical, Animación
Orzamento80 000 000 dólares [1]
Recadación90 900 000 dólares
Filme anteriorFantasia
Na rede
http://movies.disney.com/fantasia-2000
IMDB: tt0120910 Filmaffinity: 408017 Allocine: 22126 Rottentomatoes: m/fantasia_2000 Mojo: fantasia2000 Allmovie: v181545 TCM: 451603 Metacritic: movie/fantasia-2000 Netlix: 60000436Editar o valor em Wikidata

Fantasia 2000 é un filme musical e de animación americano producido por Walt Disney Feature Animation e realizado por Walt Disney Pictures. É o filme número trinta e oito da serie Walt Disney Animated Classics e a secuela do filme dos anos corenta Fantasia. Como o seu predecesor, o filme consiste na mestura de pezas animadas con pezas de música clásica. A banda sonora foi interpretada pola Chicago Symphony Orchestra dirixida por James Levine, coa excepción de The Sorcerer's Apprentice, a única peza que se repite en ámbolos dous filmes. Un grupo de coñecidas figuras do espectáculo introduce cada peza, como Steve Martin, Bette Midler, Penn & Teller, James Earl Jones, Quincy Jones e Angela Lansbury.

Programa

As pezas,en orde de aparición, son:

  • Symphony No. 5 in C minor-I. Allegro con brio, de Ludwig van Beethoven. Estrañas figuras e patróns forman bolboretas e morcegos. Explora un mundo de luz e escuridade que é finalmente conquistado pola luz.
  • Pines of Rome, de Ottorino Respighi. Unha familia de baleas xibardo remontan o voo por riba do mar cara a unha supernova. Unha cría sepárase dos seus pais cando topa cun iceberg, pero atopa o camiño outra vez coa axuda da súa nai.
  • Rhapsody in Blue, de George Gershwin. Un episodio de New York City nos anos 1930 no estilo dos debuxos de Al Hirschfeld. Describe un día na vida de diferentes persoas durante a Gran Depresión.
  • Piano Concerto No. 2 in F Major-I. Allegro, de Dmitrii Shostakovich. Baseado no The Steadfast Tin Soldier de Hans Christian Andersen, o concerto foi escrito como un agasallo de Shostakovich para o seu fillo pequeno, e os ritmos de percusión contan a historia dun soldado. Ó contrario que a historia orixinal, o remate ten un final feliz.
  • The Carnival of the Animals, Finale, de Camille Saint-Saëns. Unha banda de flamengos tenta que un membro do grupo que só quere xogar cun yo-yo volva a levar unha vida de flamengo normal.
  • The Sorcerer's Apprentice, de Paul Dukas. Baseado no poema de Goethe de 1797 Der Zauberlehrling, que xa foi recreado no filme dos anos 40's Fantasia. Mickey Mouse é o aprendiz do feiticeiro Yen Sid, que proba a maxia que lle ensinou o seu mestre antes de controlala por completo, para así non ter que facer as tarefas que le mandaron.
  • Pomp and Circumstance – Marches 1, 2, 3 and 4, de Edward Elgar. Baseada na historia bíblica da Arca de Noé do Libro da Xénese. Protagonixado polo Pato Donald como Noé e Daisy como asistente de Donald.
  • Firebird Suite – 1919 Version, de Igor Stravinskii. A historia do espírito da primavera, quen accidentalmente esperta o Paxaro de Lume, un fero espírito de destrución que vive nun volcán.

Créditos

Nota: tódalas pezas están interpretadas pola Chicago Symphony Orchestra, dirixida por James Levine, agás onde está indicado.

Symphony No. 5, First Movement: Allegro con Brio

  • Ludwig van Beethoven – músico, compositor
  • Pixote Hunt – deseño, director
  • Kevin Yasuda – historia
  • Deems Taylor – introdución do segmento

Pines of Rome

  • Ottorino Respighi – músico, compositor
  • Hendel Butoy – dirección
  • James Fujii – historia
  • William Perkins – dirección de arte
  • Dean Gordon – dirección de arte
  • Steve Martin – introdución do segmento
  • Itzhak Perlman – introdución do segmento

Rhapsody in Blue

  • George Gershwin – músico, compositor
  • Eric Goldberg – escritor, director
  • Susan McKinsey Goldberg – dirección de arte
  • Al Hirschfeld – consultor de deseño
  • Ralph Grierson – pianista
  • Bruce Broughton – presentador
  • Quincy Jones – introdución do segmento
  • Baseado en Brookside Hill

Piano Concerto No. 2, Allegro, Opus 102

  • Dmitrii Shostakovich – músico, compositor
  • Hendel Butoy – director
  • James Capobianco – desenvolvemento da historia
  • Ron Meurin – desenvolvemento da historia
  • Michael Humphries – dirección de arte
  • Bette Midler – introdución do segmento
  • Yefim Bronfman – pianista
  • Baseado no "The Steadfast Tin Soldier" por Hans Christian Andersen

Carnival of the Animals, Finale

  • Camille Saint-Saëns – músico, compositor
  • Eric Goldberg – escritor, director, animador
  • Susan McKinsey Goldberg – dirección de arte
  • James Earl Jones – introdución do segmento

O aprendiz de meigo

Pomp and Circumstance – Marches 1, 2, 3 and 4

Firebird Suite – 1919 version

  • Paul and Gaëtan Brizzi – escritor, dirección
  • Igor Stravinskii – músico, compositor
  • Dirección de arte – dirección de arte
  • Anthony DeRosa – supervisor de animación (Espírito)
  • Ron Husband – supervisor de animación (Alce)
  • John Pomeroy – supervisor de animación (Paxaro de Lume)
  • Angela Lansbury – introdución do segmento

Escenas en vivo

  • Don Hahn – director
  • APixote Hunt – dirección de arte
  • Kirk Hanson – historia
  • Don Hahn – guión
  • Irene Mecchi – guión
  • David Reynolds – guión
  • James Levine
  • Chicago Symphony Orchestra

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas