Fase
O termo fase pode referirse:
- Á fase trigonométrica, en matemáticas, empregado como sinónimo de argumento dunha función trigonométrica cando esta non ten significado de ángulo espacial.
- Á fase dunha onda, en física, posición relativa dentro dun ciclo, sexa este ciclo unha variación no tempo, no espazo ou respecto doutra variábel calquera.
- Á fase da liña, en electricidade, cada un dos condutores da alimentación alterna; este uso fundaméntase no comportamento ondulatorio desta corrente: unha onda de 50 ou 60 Hz.
- Ao estado ou fase dunha substancia, en física e química, forma de organización da materia nunha substancia; tales como sólido, líquido, gas, cristal etc.
- Á fase lunar, en astronomía, aparencia da Lúa vista desde a Terra relacionada coa posición relativa entre elas e respecto do Sol.
- Á fase planetaria, en astronomía, aparencia análoga á fase lunar pero para un planeta.
- Á división en fases, en música, unha técnica compositiva.