Federica Mogherini
Federica Mogherini | |
---|---|
Nome completo | Federica Maria Mogherini |
Nacemento | 16 de xuño de 1973 |
Lugar de nacemento | Roma |
Nacionalidade | Italia |
Alma máter | Universidade de Roma La Sapienza e Institut d'études politiques d'Aix-en-Provence |
Ocupación | política e participante do fórum internacional |
Pai | Flavio Mogherini |
Premios | Order of San Marino, emperor Otto award, Order of Honour, Order of Friendship of Kyrgyzstan, Dostyk Order of grade I, Decoration of Merit e Order of Independence |
Na rede | |
http://www.federicamogherini.net | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Federica Mogherini, nada en Roma o 16 de xuño de 1973, é unha política e politicóloga italiana. Desde o 1 de novembro de 2014 até o 1 de decembro de 2019 desempeñou o cargo de alta representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade tras ser nomeada polo Consello Europeo e o presidente electo da Comisión, Jean-Claude Juncker, o 30 de agosto de 2014.[1] Foi ministra de Asuntos Exteriores de Italia desde febreiro até outubro de 2014.
Mogherini graduouse en ciencias políticas na Universidade Sapienza de Roma cunha tese en filosofía política.
Traxectoria
Federica Mogherini é filla do director e escenógrafo italiano Flavio Mogherini. Está casada con Matteo Rebesani, co que ten dúas fillas.[2]
Traxectoria política
Mogherini é membro do Partido Democrático e do Partido dos Socialistas Europeos. O 22 de febreiro de 2014 foi nomeada ministra de Asuntos Exteriores polo primeiro ministro Matteo Renzi. Foi a terceira muller en servir como ministra de Relacións Exteriores de Italia, despois de Emma Bonino e Susanna Agnelli.
Alta representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade
No cume europeo do 30 de agosto de 2014, nomeouse a Mogherini como alta representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade (AR), despois de que o Consello Europeo de xullo anterior se pechara sen acordo.[3] O seu mandato comezou o 1 de novembro de 2014.[4]
En 2017 Mogherini liderou o proceso para a definición dos criterios e mecanismos da Cooperación estruturada permanente (CEP), dentro do proceso de integración europea en materia de Defensa.[5]
Notas
- ↑ "Italy's Mogherini and Poland's Tusk get top EU jobs". BBC News. 30 de agosto de 2014. Consultado o 30 de agosto de 2014.
- ↑ "Nueva líder para la política exterior de la UE". 7 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2015. Consultado o 23 de xullo de 2017.
- ↑ "Rajoy y Merkel abordarán el 24 y 25 en España los nombramientos comunitarios". EFE. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2014. Consultado o 19 de agosto de 2014.
- ↑ European Voice. "Key dates for the 2014 European election" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2014. Consultado o 6 de abril de 2014.
- ↑ "España, Alemania e Italia cohesionan posturas con Mogherini sobre la Cooperación Estructurada Permanente sobre defensa". Expansión. 13 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2021. Consultado o 14 de xullo de 2017.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Official Website Arquivado 23 de abril de 2021 en Wayback Machine.
- Blog oficial
- Biografía de Federica Mogherini por CIDOB Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine. (en español)