Federico Fellini

Federico Fellini
Nacemento20 de xaneiro de 1920
Lugar de nacementoRimini
Falecemento31 de outubro de 1993
Lugar de falecementoRoma
Causaataque aéreo e infarto agudo de miocardio
SoterradoRimini
NacionalidadeItalia
Alma máterUniversidade de Roma La Sapienza
Ocupacióndirector de cinema, guionista, satirico, artista de banda deseñada, escritor e realizador
CónxuxeGiulietta Masina
Coñecido porLa strada, Fellini 8½, Amarcord, I vitelloni e La dolce vita
PremiosPraemium Imperiale, Óscar Honorífico, BAFTA de Melhor Direção de Arte, Blue Ribbon Awards for Best Foreign Film, Premio Bodil, Palma de Ouro, David di Donatello for Best Director, David Luchino Visconti, David di Donatello for Best Original Script, David René Clair, Directors Guild of America, European Film Academy Lifetime Achievement Award, Film Society of Lincoln Center, French Syndicate of Cinema Critics Awards, Nastro d'Argento for Best Director, Nastro d'Argento for Best Screenplay, sen etiquetar, Kansas City Film Critics Circle Awards 1966, Kinema Junpo, Moscow International Film Festival awards, New York Film Critics Circle Awards, Premio Sant Jordi de Cine, Festival Sesc Melhores Filmes, Grande Prémio do Júri do Festival de Veneza, Golden Lion for Lifetime Achievement e Cabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana
Na rede
http://www.federicofellini.it/
IMDB: nm0000019 Allocine: 59 Allmovie: p89547 TCM: 60684 IBDB: 10607
Musicbrainz: 7b3fb3b1-464f-4b56-8e76-dd269c396e33 Discogs: 463623 WikiTree: Fellini-2 Find a Grave: 6014 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Federico Fellini, nado en Rimini o 20 de xaneiro de 1920 e finado en Roma o 31 de outubro de 1993, foi un director e guionista de cine italiano. Gañador de catro Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa e dun Oscar Honorífico pola súa traxectoria.

Durante case catro décadas -desde Lo sceicco bianco de 1952 a La voce della luna 1990- Fellini "retrata", en ducias de películas, un pequeno grupo de personaxes memorables. El autodenominouse "un artesán que non ten nada que dicir, pero que sabe como dicilo". Deixou obras inesquecibles, cheas de sátira pero empapadas dunha sutil melancolía, caracterizadas por un estilo onírico e visionario. Os títulos das súas películas máis famosas - La strada, Le notti di Cabiria, La dolce vita, e Amarcord- convertéronse en tópicos mencionados na lingua orixinal en todo o mundo.

Traxectoria

Comezos

Fellini naceu nunha familia de clase media en Rimini onde pasou a súa infancia, estudando primeiro nun colexio de monxas pasando logo a un público, as vacacións de verán pasábaas en Gambettola, de onde era orixinaria parte da súa familia. Gustáballe debuxar en 1937 apareceron publicadas unhas caricaturas súas nunha publicación local da Opera Nazionale Balilla en Rimini[1] que tiveron tanto éxito que cun amigo montou unha tenda de retratos na cidade. Viviu durante un breve período de tempo en Florencia antes de se asentar ano 1939 en Roma, cidade na que traballaría como xornalista, escritor e debuxante. A data clave na súa relación co cine foi no ano 1944, cando coñeceu ao director Roberto Rossellini, un dos máis importantes directores do neorrealismo italiano. Colaborou como guionista con Rosselini en Roma, cidade aberta (1945).

Actividade

No 1951 estreouse como director codirixindo xunto con Alberto Lattuada, o filme Luces de variedades (1951), e en solitario co filme O xeque branco (1952). Gañou o seu primeiro premio co filme Os inútiles (1953) na Mostra de Venecia. Cos seus seguintes filmes, La Strada (1954) e As noites de Cabiria (1956), protagonizadas pola súa muller, Giulietta Masina, acadarían cadanseu Oscar de Hollywood ó mellor filme estranxeiro nos anos 1957 e 1958. O seu seguinte filme, La dolce vita (1960) foi un importante éxito comercial e o comezo da colaboración co actor Marcello Mastroianni, habitual nos seus filmes a partir de entón, o que lle permitiu desprenderse da súa herdanza neorrealista. Oito e medio (1963) marcou ó comezo da segunda etapa do cine de Fellini, marcado por unha exuberante fantasía e barroquismo, cun humor de trazos surrealistas. Giulietta dos espíritos (1965) orixinou certa polémica, que se repetiría noutros filmes como Roma (1972), sobre todo pola ironía coa que trata á sociedade italiana, especialmente á igrexa. Con Amarcord (1973), Fellini volveu á adolescencia do seu Rimini natal.

Últimos anos

Os seus últimos traballos, entre os que destacan Ensaio de orquestra (1978), A cidade das mulleres (1980), E a nave vaise (1983), Ginger e Fred (1985) e Entrevista (1988), mostran o seu desgusto diante de certos aspectos do mundo moderno. En 1993 recibiu o seu quinto óscar ó conxunto da súa carreira.

Filmografía

Como guionista

Galería de imaxes

Federico Fellini.

Anuncios de televisión

  • 1984: Anuncio para Campari Soda.
  • 1984: Anuncio para Barilla pasta.
  • 1992: Tres anuncios para Banca di Roma.

Como director e guionista

Premios

Óscar

Ano Categoría Película Resultado
1947 Mellor guión orixinal Roma, città aperta Candidato
1950 Mellor guión orixinal Paisà Candidato
1957 Mellor filme de lingua non inglesa La strada Gañador
1957 Mellor guión orixinal La strada Candidato
1958 Mellor filme de lingua non inglesa Le notti di Cabiria Gañador
1958 Mellor guión orixinal I vitelloni Candidato
1962 Mellor director La dolce vita Candidato
1962 Mellor guión orixinal La dolce vita Candidato
1964 Mellor director Fellini 8½ Candidato
1964 Mellor guión orixinal Fellini 8½ Candidato
1964 Mellor filme de lingua non inglesa Fellini 8½ Gañador
1971 Mellor guión orixinal Fellini Satyricon Candidato
1975 Mellor filme de lingua non inglesa Amarcord Gañador
1976 Mellor director Amarcord Candidato
1976 Mellor guión orixinal Amarcord Candidato
1977 Mellor guión adaptado O Casanova, de Federico Fellini Candidato
1993 Óscar Honorífico

Festival de Canes

Ano Categoría Película Resultado
1957 Palma de Ouro Le notti di Cabiria Candidato
1960 Palma de Ouro La dolce vita Gañador
1972 Gran Premio da técnica Roma Gañador
1987 Premio do 40 aniversario Intervista Gañador

Festival de Venecia

Ano Categoría Película Resultado
1953 León de Prata I vitelloni Gañador
1954 León de Prata La strada Gañador
1955 León de Ouro Almas sen conciencia Gañador
1985 León de Ouro á unha carreira

Notas

  1. Tullio Kezich Federico Fellini (2007), páx. 12

Véxase tamén