Fernando Serena
![]() (1966) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome orixinal | (es) Fernando Rodríguez Serena ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 28 de xaneiro de 1941 ![]() Madrid, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 15 de outubro de 2018 ![]() Pamplona, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | párkinson ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 165 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1961 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() |
Fernando Rodríguez Serena, nado en Madrid o 28 de xaneiro de 1941 e finado en Pamplona o 15 de outubro de 2018,[1][2] foi un futbolista español que xogaba como extremo dereito.
Traxectoria
Formouse nas categorías inferiores do Real Madrid, e en 1960 debutou co filial, o Plus Ultra, na Segunda División. Nese equipo coincidiu con xogadores como Luis Aragonés ou Gento III, e disputou 26 encontros, marcando 4 goles. A continuación xogou dous anos cedido en Osasuna, na Primeira División, club co que marcou un total de 10 goles en 55 partidos.
En 1963 regresou ao Real Madrid, e xogou as seguintes cinco tempadas co primeiro equipo. É especialmente lembrado por marcar o gol decisivo na final da Copa de Europa de 1966, ante o Partizan de Belgrado no estadio de Heysel de Bruxelas, completando a remontada do club branco, despois de que Velibor Vasović adiantase o equipo iugoslavo e Amancio empatase.[3][4] Adoitaba xogar na banda dereita, onde destacaba pola súa elegancia, a velocidade do seu xogo e a precisión nos centros.
En 1968 polo Elxe CF, onde xogou dúas tempadas, antes de pasar á UE Sant Andreu, club no que se asentou durante os seguintes seis anos, todos eles na Segunda División.
Selección española
Vestiu nunha ocasión a camiseta da selección española, o 9 de xaneiro de 1963, nun partido amigable contra Francia no Camp Nou no que entrou na segunda parte como substituto de Enrique Collar.
Faleceu o 15 de outubro de 2018, aos 77 anos.[1]
Palmarés
- Real Madrid
- Primeira División (4): 1963/64, 1964/65, 1966/67, 1967/68.
- Copa de Europa (1): 1965/66.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Ayala, Manuel (15 de outubro de 2018). "Fallece Fernando Serena, héroe de la sexta Copa de Europa". Mundo Deportivo (en castelán) (Barcelona). Consultado o 6 de maio de 2022.
- ↑ B., E. (15 de outubro de 2018). "Muere Serena, mítico jugador del Real Madrid, a los 77 años de edad". El Español (en castelán) (Madrid). Consultado o 6 de maio de 2022.
- ↑ "¿Quién se acuerda de Serena?" (en castelán). 6 de abril de 2013. Consultado o 6 de maio de 2022.
- ↑ "Real Madrid 2-1 Partizan". UEFA (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2022.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Datos do xogador Arquivado 25 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine. coa selección española (en castelán).