Fernando Morientes

Fernando Morientes
Morientes xogando para o Liverpool en 2005.
Información persoal
Nome Fernando Morientes Sánchez
Nacemento 5 de abril de 1976 (48 anos)
Lugar de nacemento Cilleros
Altura 1,86 m.
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1993–1995 Albacete 22 (5)
1995–1997 Zaragoza 66 (28)
1997–2005 Real Madrid 182 (72)
2003–2004Monaco (cedido) 28 (10)
2005–2006 Liverpool 41 (8)
2006–2009 Valencia 66 (19)
2009–2010 Marseille 12 (1)
Selección nacional
1993–1994 España sub-18 12 (10)
1995 España sub-20 5 (1)
1995–1998 España sub-21 16 (4)
1996 España sub-23 2 (0)
1998–2007 España 47 (27)
Na rede
FIFA: 170678 UEFA: 24737 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Fernando Morientes Sánchez, nado o 5 de abril de 1976 en Cáceres, é un exfutbolista español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.

Traxectoria

Infancia

Os seus primeiros anos de vida pasounos no municipio de Acehuche (provincia de Cáceres), onde o seu pai estivo destinado como garda civil. Con catro anos de idade, a súa familia trasladouse a Sonseca (Toledo), de novo por motivos de traballo.

Clubs

Morientes comezou a súa carreira como profesional no Albacete Balompié con 17 anos de idade. Posteriormente foi traspasado ao Real Zaragoza en 1995, para recalar despois no Real Madrid, onde permaneceu entre 1997 2005 en cuxas filas conquistou os títulos máis importantes de España e Europa, así como a Copa Intercontinental. No club "merengue" gañou a Champions League 1999-2000 ante o Valencia CF, anotando un dos goles da final.

No ano 2003 xogou no AS Mónaco da liga francesa en condición de cedido. Co cadro monegasco foi subcampión europeo en 2004, perdendo a final fronte ao FC Porto e realizando unha gran tempada.

Fichou en inverno de 2005 polo Liverpool, pero tras unha estancia máis ben curta e tras anotar só oito goles en 2 tempadas, recalou no Valencia. O seu primeiro ano no club Valencianista foi brillante en canto a fútbol e goles e lembrou ao mellor Morientes. En 2008 o Valencia proclamouse campión da Copa do Rei cun gol seu de cabeza tras unha falta botada por Rubén Baraja.

No 2009 e tras unha paupérrima tempada no Valencia, ficha polo Olympique de Marsella da Ligue 1 francesa, onde se proclama campión da liga e copa Francesa anotando un gol en liga.

Estatísticas

tempadaclubpaíscompeticiónpartidosgoles
1994/95Albacete BalompiéEspaña EspañaPrimeira división española205
1995/96Real ZaragozaEspaña EspañaPrimeira división española2913
1996/97Real ZaragozaEspaña EspañaPrimeira división española3715
1997/98Real MadridEspaña EspañaPrimeira división española3312
1998/99Real MadridEspaña EspañaPrimeira división española3319
1999/00Real MadridEspaña EspañaPrimeira división española2912
2000/01Real MadridEspaña EspañaPrimeira división española226
2001/02Real MadridEspaña EspañaPrimeira división española3318
2002/03Real MadridEspaña EspañaPrimeira división española195
2003/04AS Mónaco FranciaLiga francesa de fútbol2810
2004/05Real MadridEspaña EspañaPrimeira división española130
2004/05Liverpool FCInglaterra InglaterraPremier League133
2005/06Liverpool FCInglaterra InglaterraPremier League285
2006/07Valencia CFEspaña EspañaPrimeira división española2412
2007/08Valencia CFEspaña EspañaPrimeira división española226
2008/09Valencia CFEspaña EspañaPrimeira división española71
2009/10Olympique de Marsella FranciaLiga francesa de fútbol121
TOTAL395143